Formalmente, a primeira audiencia foi establecida en Valladolid o ano 1371.
A Real Audiencia de Galicia estableceuse en 1480 polos Reis Católicos. Até 1578 non tivo sede fixa, senón que se desprazaba aos lugares onde había problemas que resolver, e nese ano instálase definitivamente na Coruña.
En América instálase por primeira vez unha audiencia en Santo Domingo, capital da illa A Española, en 1511, durante a gobernación de Diego Colón, pero ao pouco tempo foi suprimida, sendo restablecida en 1526.
Baixo Carlos I e Filipe II, entre 1526 e 1583, estendéronse as audiencias por América e as Filipinas.
Tras os Decretos de Nova Planta, desde 1707 acomodouse ao modelo competencial de chancelaría para as dúas primeiras (Aragón e Valencia), e desde 1715 para as dúas últimas (Cataluña e Mallorca); nestes casos, coa innovación dun sistema de presidencia militar, que máis tarde foi aplicado tamén ás castelás.[3]
Baixo Carlos I e Filipe II estendéronse as audiencias por América e as Filipinas, poñéndose definitivamente en funcionamento a Audiencia de Santo Domingo e creándose nove máis:
Na América hispana baixo o dominio da coroa española, a real audiencia adquiriu unha crecente importancia, velando polo cumprimento do dereito, a protección dos gobernados e pola aplicación da xustiza no continente. Así mesmo, chegaron todas a seren tamén reais chancelarías, sendo depositarias do selo real (real selo), polo que as consideraban representantes da persoa do monarca nos seus respectivos territorios.
Composición das Reais Audiencias
As Reais Audiencias estaban compostas por un presidente, que era polo xeral o respectivo vicerrei ou o gobernador, e por un número variábel de oidores (xuíces), máis algúns alcaldes do crime (en España, México e Lima). Ademais, formaban parte deste tribunal un fiscal e "outros oficiais subalternos", entre eles un alguacil maior, un relator, un escribán de cámara e un porteiro.
En España, as de Valladolid e Granada contaron tamén con outras figuras como o alcalde de los hijosdalgo (alcalde dos fidalgos), reservado para os preitos deste estado (a fidalguía).
Por real decreto de 11 de marzo de 1776 mandouse que as 10 audiencias indianas entón existentes estivesen presididas por un rexente, o cal foi comunicado por real célula do 6 de abril de 1776 e as súas funcións fixadas pola real instrución do 20 de xuño de 1776. Dispúxose tamén agregar 2 oidores e un alcalde do crime ás audiencias de México e Lima; 2 oidores ás de Guadalajara, Santo Domingo e Quito; e un oidor ás de Manila, Guatemala, Charcas e Santafé.[5]
Funcións
As reais audiencias eran quizais os únicos órganos da época que tiñan unha función máis marcada: a administración de xustiza.
Os seus veredictos podían apelarse perante o Consello de Indias (sempre que se tratase de asuntos de máis de 6 000 pesos de ouro).
Trataban os recurso de forza, é dicir, a reclamación dos agraviados polos xuíces eclesiásticos, que procedía en caso de incompetencia destes para coñecer das causas, inobservancia das normas que rexían os xuízos eclesiásticos e nas negativas de apelación que eran procedentes.
Trataban as contendas de competencia entre xuíces laicos e eclesiásticos.
Trataban algúns xuízos eclesiásticos e os xuízos de encomendas.
Os agraviados polas resolucións do vicerrei ou do gobernador podían "apelar" ante elas.
Podían ditar autos acordados, para unha adecuada administración da xustiza, e podían suplir con eles os baleiros normativos en canto aos procedementos ou para interpretar as normas procedementais vixentes.
En caso de vacancia do vicerrei ou do gobernador, podía substituílos interinamente o oidor máis antigo (chamado oidor decano). Así mesmo, eran órganos consultivos dos vicerreis e gobernadores en materia de goberno e facenda pública.
Debían facer cumprir as reais ordes e, eventualmente, podían suplicar unha lei (cando presentaba un vicio) e representala ao Consello de Indias. Ademais, debían examinar as ordenanzas, os regulamentos e decretos do respectivo vicerrei ou gobernador. En caso de que estes se extralimitasen nas súas facultades e atribucións, podían presentarlles dita situación, e, en caso de non ser oída, dar conta ao soberano.
Igualmente, debían preocuparse polo bo tratamento dos indíxenas, podían prohibir a circulación ou comisar determinados libros. Ademais, preocupábanse de informar ao rei sobre a conduta dos sacerdotes dentro do seu territorio xurisdicional, podían deter as bulas que considerasen atentatorias ao Padroádego rexio.
Clasificación
As reais audiencias tiveron unha clasificación, de acordo coa súa xerarquía:
Audiencias pretoriais: estaban presididas por un presidente-gobernador e non estaban subordinadas a un vicerrei, polo cal podían establecer contacto directo co rei e o Consello de Indias. Foron deste tipo as de de Santo Domingo (desde 1527), a de México (1527-1535), a de Panamá (1539-1614), a de Guatemala (1543-1565 e desde 1570), a de Manila (desde 1584), a e Santiago de Chile (desde 1609), a de Buenos Aires (1663-1672), a de Santafé de Bogotá (1550-1717 e 1723-1740) e a de Caracas (desde 1787).
Audiencias subordinadas: estaban presididas por un presidente letrado e dependían do vicerrei nos asuntos relativos ao goberno civil, eclesiástico, guerra e, eventualmente, facenda. Foron deste tipo as de Compostela ou de Guadalajara (desde 1548), a de Charcas (1561-1776 e desde 1785), a de Quito (desde 1564), a de Concepción (1565-1575), a de Panamá (desde 1614) e a do Cuzco (desde 1788).
Dougnac Rodríguez, Antonio (1994). Manual de Historia del Derecho Indiano. México: Universidad Nacional Autónoma de México. ISBN 96-83641-47-4.
Sánchez Bella, Ismael; De la Hera, Alberto; y Díaz Rementeria, Carlos (1992). Historia del Derecho Indiano. Madrid: MAPFRE. ISBN 84-7100-512-3.
Suárez García, Santiago Gerardo (1989). Las reales audiencias indianas: Fuentes y bibliografía. Madrid: Real Academia le la Historia. ISBN 978-9-8022-2464-7.