Raúl Grien Docampo, nado na Coruña en 1924 e finado na mesma cidade o 7 de xaneiro de 2019,[1] foi un economista e escritor galego.
Traxectoria
Colaborou na revista Inquietudes da Coruña nos seus anos mozos. Foi locutor de radio en Radio Nacional de España, Radio Nederland (Holanda) e da BBC en Londres. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid (1992). Foi finalista do premio Planeta en 1956 coa novela A fuego lento.[2] En 1960 trasladouse a Venezuela, onde foi nomeado asesor xeral da República. Regresou a Galicia a pasar os seus últimos anos. Foi membro da Fundación Alfredo Brañas e correspondente da Real Academia Galega. Colaborou nos xornais La Voz de Galicia, ABC, El Nacional, El Universal, Expansión, El País, El Español e nas revistas Destino, Vida Gal e Letras.
Obras
- A fuego lento (1958).
- La novela futura (1959).
- Cuatro esquinas (1968).
- Mujeres únicas (1971).
- La feria de las autonomías o El reparto (constitucional) de España (1987).
- La integración económica como alternativa inédita para América Latina (1994).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas