Ramiro Sabell Mosquera

Modelo:BiografíaRamiro Sabell Mosquera
Biografía
Nacemento13 de marzo de 1899 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xullo de 1990 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ponteareas
setembro de 1925 – 1929
← José Garra GarraSevero María Ojea Ferro → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Ramiro Manuel Sabell Mosquera, nado en Santiago de Compostela o 13 de marzo de 1899[1] e finado en Pontevedra o 19 de xullo de 1990, foi un mestre e inspector de primeira ensinanza.

Traxectoria

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, xunto a Eduardo Nogueira Pereira. Mestre en Baión (Vilanova de Arousa) de 1921 a 1924 onde foi correspondente de El Pueblo Gallego. Na ditadura de Primo de Rivera foi destinado á escola graduada de Ponteareas e foi nomeado concelleiro en 1924. Logo de presentar a dimisión o alcalde José Garra Garra en agosto de 1925, foi nomeado alcalde de Ponteareas en setembro. Mantívose no cargo ata principios de 1930. Tivo unha participación directa para que o mestre Reveriano Soutullo compuxese o pasodoble Puenteareas. En 1934 aprobou as oposicións a inspector de ensinanza primaria e foi destinado a Pontevedra, onde pasou toda a súa carreira profesional.


Predecesor:
José Garra Garra
 
Alcalde de Ponteareas
 
1925 - 1929
Sucesor:
Severo María Ojea Ferro

Vida persoal

Casou con Concepción Salgués Otero o 3 de agosto de 1931 e tivo nove fillos, entre outros o cámara de cine Ramiro Sabell Salgués. Era tío carnal do médico e presidente da Real Académia Gallega Domingo García-Sabell.

Homenaxes

Leva o seu nome unha rúa e CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas.

Notas

  1. Escuela Normal de Maestros de Santiago. Matrículas para los cursos de 1906 a 1907 hasta de 1919 a 1920 (AHUS, A.2861; p.33v).

Véxase tamén

Bibliografía