Ramón González-Alegre
Ramón González-Alegre Bálgoma, nado en Vilafranca do Bierzo o 30 de novembro de 1920 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1968,[1] foi un escritor e avogado berciano.
Traxectoria
Fillo de Manuel González-Alegre López de Tejada. En 1924 trasladouse á Coruña, cidade do seu pai, pero en 1926 a familia mudouse a Vilagarcía de Arousa, onde realizou o bacharelato. Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e foi membro do SEU, primeiro como delegado provincial de bibliotecas[2] e logo como xefe provincial de prensa e propaganda. Logo de pasar un tempo como profesor de Universidade en Madrid, e na Coruña, instalouse definitivamente en Vigo (1949).
Dirixiu a revista literaria Alba, clave no rexurdir da poesía galega trala guerra civil.
Vida persoal
Casou en Valladolid con María de los Ángeles Burgueño Cela en 1947.[3]
Obra
En galego
- Poesía
En castelán
Poesía
- Clamor de tierra (poemas al Bierzo), 1950
- Raíz de las horas, 1951, León
- Romería, 1953, Pontevedra
- Poemas del ser, 1954, Madrid
- Los manantiales, 1958, Vigo
- Los poemas del pavor y la piedad, 1963, Palencia.
- El ágape de Dios , 1964, Madrid.
- Ensaio
- Aportaciones para el estudio de las fuentes del Derecho medieval de Galicia, 1945, Madrid.
- Fuentes indirectas en la historia del Derecho. Un texto de Fuenteovejuna, 1945, Madrid.
- Poesía gallega contemporánea. Ensayo sobre literatura gallega, 1954, Pontevedra, Colección Huguin.
- El libro de los andares, 1963.
- Por entre el arpa y la saudade. Viajes gallegos, 1965.
- Edición
- Antología de la poesía gallega contemporánea, 1958, Adonais, Madrid.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "González-Alegre Bálgoma, Ramón". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 183.
- Fernández del Riego, F. (1971) [1951]. Historia da literatura galega (2ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. p. 279.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 188. ISBN 84-7492-465-0.
- Lourenzo, Manuel; Pillado Maior, Francisco (1979). O teatro galego. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-013-2.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. p. 233-234. ISBN 84-7507-139-2.
- Tarrío Varela, Anxo (1994). Literatura galega. Aportacións a unha Historia crítica. Universitaria. Xerais. ISBN 84-7507-778-1.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 277–278. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
Ligazóns externas
|
|