Ramón Blanco Fernández

Modelo:BiografíaRamón Blanco Fernández
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Outes, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1747849 BUSC: blanco-fernandez-ramon-1979

Ramón Blanco Fernández, nado en Outes en 1979, é un poeta galego.

Traxectoria

Licenciado en Filoloxía Galega, reside en Cando (Outes). Formou parte desde moi novo do Colectivo Sacou de Noia. Publicou poemas nas revistas A Caramuxa e A Casa da Gramática. Traballou no sector da edición, no ensino secundario e como xornalista cultural. En 2016 gañou o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón coa obra Se pedra na brétema.

Obras

Poesía

Ensaio

Edición

  • Poesías de Nicolasa Añón, 2014, Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes.

Tradución

  • Os celtas da antiga Gallaecia, de Manuel Alberro, 2004, Toxosoutos.
  • A viaxe de San Brandán: Nauigatio Sancti Brendani, de Fernando Lillo Redonet e José Antonio González Marrero, 2004, Toxosoutos.

Obras colectivas

  • Francisco Añón: aproximación didáctica, con Santiago Nieto e Pilar Sampedro, 2005, Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.

Premios

Véxase tamén

Ligazóns externas