Ramón Amilibia Machimbarrena

Modelo:BiografíaRamón Amilibia Machimbarrena
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMiguel Amilibia
María Asunción Amilibia
José María Amilibia Editar o valor en Wikidata

Ramón Amilibia Machimbarrena, nado en Donostia cara a 1908, foi un avogado e político vasco.

Traxectoria

Fillo de Eustasio de Amilibia Calbetón e irmán de Tatxo Amilibia. Afiliouse á UGT na sección de empregados de oficina en 1931. En 1932 ingresou no PSOE e a finais de 1934 afiliouse ao Partido Comunista de España. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 prestou servizos de carácter burocrático na Comisaría de Guerra de Guipúscoa na sección de salvocondutos. Despois foi xefe da Intendencia Militar do Exército de Euskadi en Éibar en maio de 1937. Colaborou en Euzkadi Roja. Foi detido en Santander en agosto de 1937. Pasou polo campo de concentración de Corbán e despois foi trasladado ao penal de Santoña. Xulgado en consello de guerra en Santoña por adhesión á rebelión no sumario 174/37 o 9 de decembro de 1937, foi condenado a morte, pero a sentenza foi conmutada pola de reclusión perpetua. Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria del Dueso, no Penal de El Puerto de Santa María, onde ingresou o 6 de agosto de 1938, e no Forte de San Cristovo a onde foi trasladado o 23 de setembro de 1939. Revisada a causa, a pena foi reducida a tres anos. Saíu en liberdade provisional o 1 de setembro de 1940. Concedéronlle a liberdade definitiva o 31 de xaneiro de 1941. Fixou a residencia en Errenteria.

Refuxiado clandestinamente en Redondela, seguiu mantendo contactos coa estrutura do PCE. Contactaron con el Calixto Pérez Doñoro e Concepción Santalla Nistal, enviados pola dirección para reorganizar o Comité Regional de Galicia. Foi detido en abril de 1942 no domicilio de José García Méndez, xunto con el foron detidos Francisco Darriba Pérez, Segundo Freire Rivas e Manuel Domínguez Esteiro, logo da caída en Portugal dun grupo dirixente do PCE.[1] Ingresou na Prisión Provincial de Madrid o 25 de abril. Pasou á prisión de Porlier o 27 a disposición do xulgado de Madrid. Xulgado en consello de guerra o 5 de xuño de 1943 por un delito contra a seguridade do Estado, foi condenado a morte. Conmutada a pena, cumpriu condena en Yeserías, penal de Ocaña, novamente Yeserías, Talleres penitenciarios de Alcalá de Henares e Prisión Central de Burgos,[2] de onde saíu en liberdade provisional en xaneiro de 1958.[3]

Vida persoal

Casou con Pilar e tivo un fillo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fernández Rodríguez, Carlos (2020). Los otros camaradas: El PCE en los orígenes del franquismo (1939-1945) (en castelán). Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. pp. 381–382. ISBN 9788417873707. 

Ligazóns externas