O Rally de Narón de 1990 foi a terceira edición de dito rally e a penúltima proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse o 20 de outubro de 1990 e o vencedor foi o dumbriés Manuel Senra a bordo dun Peugeot 205 GTI.[1]
Itinerario
Constou de oito treitos e un total de 276 km, dos cales 46 foron cronometrados. Os treitos a correr foron Anca, Ferreira, San Xiao e Lamas, dándose dúas pasadas a cada un deles.[2]
Desenvolvemento
Manuel Senra, que competía por primeira vez en terra, dominou o rally con claridade co seu Peugeot 205 GTI. El e o seu copiloto José Maceiras marcaron o mellor tempo en todos os treitos excepto no último, no que meteron unha roda nunha cuneta e perderon algo de tempo sacándoa. En segunda posición, a máis dun minuto de Senra, chegou Manuel González cun Citroën Visa GTi, mentres que o Renault 5 GT Turbo de Andrés González foi terceiro. En cuarto lugar chegou o portugués João Enes, que con este resultado colocouse líder do campionato.[3]
Clasificación
Notas