San Xiao de Narón é unha parroquia situada no centro do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 988 habitantes (508 mulleres e 480 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, un menos que no 2004. A súa densidade de poboación é de 146,37 hab/km².
Limita ao norte coas parroquia de Castro e Sedes, ao sur cos barrios de Piñeiros e Xuvia, ao leste coa parroquia de Sedes e o barrio de Xuvia, e ao oeste co barrio de Piñeiros e a parroquia de Castro.
Historia
No adro da igrexa parroquial foi onde se constituíu, por vez primeira, o concello de Narón, tomando o nome da parroquia para o novo municipio.