Rafael Martín Vázquez, nado en Madrid o 25 de setembro de 1965, e un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
Pertenceu, xunto con Emilio Butragueño, Manuel Sanchís Hontiyuelo, Miguel González "Míchel" e Miguel Pardeza, á xeración de xogadores madridistas procedentes da canteira do "Castilla" popularmente coñecida como Quinta del Buitre e, aínda que non foi o máis recoñecido de entre todos eles, si foi talvez o máis dotado tecnicamente.
Tras ser formado nas categorías inferiores do Real Madrid e ser escollido mellor xogador do Mundial Xuvenil de 1981 debutou en partido oficial con 17 anos nun Murcia-Real Madrid. Co Real Madrid gañou seis trofeos de Liga e dúas Copas da UEFA.
A técnica individual de Rafael Martín Vázquez fixo del un dos mellores centrocampistas ofensivos do mundo no seu momento, aínda que o seu carácter reservado, o seu xogo excesivamente cerebral e a súa escasa brega sobre o terreo de xogo convertérono nun dos chibos expiatorios da esixente, e con frecuencia inxusta, afección madridista. Logo de protagonizar a mellor tempada da súa carreira co Real Madrid, a 1989/90 ás ordes do adestrador galés John Benjamin Toshack, Rafael Martín Vázquez converteuse nun dos xogadores máis codiciados do momento pero Ramón Mendoza, entón presidente do Real Madrid, negouse a relizar unha renovación ao alza do xogador, polo que este terminou aceptando a oferta do Torino italiano, no cal, malia ser o estranxeiro mellor pago do Calcio, nunca chegou a mostrar o sobresaínte nivel de xogo alcanzado na súa primeira traxectoria madridista.
Tralo seu errado paso polo equipo turinés, a carreira futbolística de Martín Vázquez foise diluíndo nun longo peregrinar de equipo en equipo (incluíndo o regreso ao equipo madridista entre 1992 e 1995) e de lesión en lesión, ata a súa retirada definitiva do fútbol activo no ano 1998.
Coa selección española xogou un total de 38 partidos e disputou o Mundial de Italia´90.
Actualmente, Rafael Martín Vázquez forma parte do persoal técnico do Real Madrid e colabora con diferentes programas de radio como comentarista.
Selección nacional
Martín Vázquez xogou 34 partidos coa selección española, incluíndo a Eurocopa 1988 e o Mundial de Fútbol Italia 1990. O seu debut produciuse o 23 de setembro de 1987, nun partido amigable contra Luxemburgo.
Goles internacionais
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Debut na Recopa de Europa |
|