Inauguración do Xardín dos Combatentes da Nove en Madrid. Rafael está no centro da foto, á beira de M. Carmena .
Rafael Gómez Nieto , nado en Adra o 29 de xaneiro de 1921 e finado en Estrasburgo o 31 de marzo de 2020 , foi un militar español do século XX .[ 1] [ 2]
Traxectoria
Rafael Gómez participou na Guerra civil española , chaamado a filas pola chamada "Leva do Biberón", loitando no Exército Republicano Español , participando na Batalla do Ebro .[ 2]
Ó rematar a guerra, pasou a Francia , quedando internado no Campo de internamento de Saint-Cyprien. Catro meses despois chegou a Alxeria co seu pai, internado en Argelès. Despois da Campaña en África Occidental da segunda guerra mundial polos Aliados formou parte da 9.ª Compañía da 2.ª División Blindada de Francia que, integrada por republicanos españois, foi a primeira unidade militar aliada que entrou en París tras a súa reconquista.[ 2] [ 3]
Morreu nunha residencia de anciáns en Estrasburgo (Francia ), cidade na que vivía dende 1955 , polo COVID-19 . Foi o último supervivente dos membros da 9.ª Compañía que entraron en París.[ 2] [ 4]
Notas
↑ "Fallece con coronavirus Rafael Gómez, último superviviente de 'La Nueve', la compañía de españoles que liberó París de los nazis" . eldiario.es . 31 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2020 .
↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Playà Maset, Josep (31 de marzo de 2020). "Fallece el último superviviente de la compañía que liberó París de los nazis" . La Vanguardia . Consultado o 31 de marzo de 2020 .
↑ Fernández, Juan José (2019-08-31). "Rafael Gómez, el último de La Nueve: "No hagáis guerras, solo las ganan los ricos" " . elperiodico (en castelán ) . Consultado o 2020-03-31 .
↑ "Muere por coronavirus el último superviviente de los españoles que liberaron París de los nazis" . ELMUNDO (en castelán ) . 2020-03-31. Consultado o 2020-03-31 .
Véxase tamén
Outros artigos