Rafael García Sampayo, nado en Cervaña (Silleda) cara a 1913 e finado na Coruña o 11 de decembro de 1998, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel García Moreiras e irmán de Manuel García Sampayo. A familia trasladouse a Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia. Militante de Falange, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse voluntario en Pontevedra para ser enviado á fronte de Guadarrama en agosto.[1] Combateu na guerra civil. A Garda Civil detívoo en xuño de 1942 por dispararlle a Cándido Betanzos Charlín, médico de Meis, que se opuña a que mantivera relacións cunha filla súa.[2] Foi alcalde de Ribadumia entre 1943 e 1944. Renunciou como alcalde por negarse a subornos e presións na distribución dos recursos do racionamento.[Cómpre referencia] Instalouse na Coruña dende finais dos anos coarenta e desenvolveu a súa actividade como pequeno industrial fabricando brochas de barbear en Hércules Industrial Brochera. Finou na Coruña o 11 de decembro de 1998.[3]
Vida persoal
Casou coa filla do médico de Meis, Angélica Encarnación Betanzos Millán, e foi pai de María Pilar, María Encarnación, Jesús, María Gema, María del Socorro, Rafael e Gabriel García Betanzos. Foi avo do escritor galego José António Lozano.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-8-1936, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-6-1942, p. 4.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-12-1998, p. 80.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas