Portarís é un lugar da parroquia de Lois no concello pontevedrés de Ribadumia, na comarca do Salnés, segundo consta no Nomenclátor de Galicia[1]. Non obstante, o IGE non rexistra habitantes neste lugar no censo de 2016[1], polo que non se poden achegar datos da súa poboación.
O lugar está atravesado pola estrada PO-300 (Fontenla-Ponte Arnelas). Aquí teñen a súa sede a empresa de viveiros O Barreiro[2] e a agrícola Kiwi Atlántico[3][4].
Na aldea desenvólvese parte da trama do libro seique de Susana Sánchez Aríns (2015).
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Lois
Parroquias de Ribadumia
Notas