Que soe a música![4] (en inglés: Military Wives) é un filme británico de 2019 dirixido por Peter Cattaneo, a partir dun guión de Rosanne Flynn e Rachel Tunnard. Está protagonizado por Kristin Scott Thomas, Sharon Horgan e Jason Flemyng. O filme inspírase na historia real dos coros "Military Wives", unha rede de 75 coros en bases militares británicas en todo o Reino Unido e no exterior, que aparece na cuarta tempada da serie de televisión documental británica 'The Choir.
Estreouse en galego o 1 de novembro de 2023 a través da TVG.[5][6]
Sinopse
Coas súas parellas na guerra de Afganistán, un grupo de mulleres forman un coro e axiña se converten nunha sensación dos medios de comunicación e nun movemento global.
Personaxes
Notas