Muğla é unha provincia de Turquía que se localiza no seu recanto suroeste, no mar Exeo e que se corresponde co antigo territorio de Caria, a súa capital é a cidade de Muğla, e nela tamén están algúns dos principais centros turísticos do país como Bodrum, Ölüdeniz, Marmaris e Fethiye. A súa superficie é de 13.338 km² e a poboación era de 817.503 habitantes en 2010.