Mutsu (陸奥国, むつのくに, Mutsu-no-kuni ou 陸奥, むつ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma as prefecturas de Fukushima, Miyagi, Iwate, Aomori e a pequena parte nordeste da prefectura de Akita, historicamente na parte de Tōsandō (東山道), actualmente na parte leste da rexión de Tōhoku, na illa de Honshū.
Mutsu limitaba coas provincias de Dewa (出羽), Echigo (越後), Kōzuke (上野), Shimotsuke (下野) e Hitachi (常陸).
Na época Meiji Mutsu dividiuse en 5 partes: Iwashiro (岩代), Iwaki (磐城), Rikuzen (陸前), Rikuchū (陸中) e Mutsu (陸奥).
|
|