Problema sen resolver

En ciencia e matemáticas, un problema sen resolver é un problema coñecido que se pode expoñer con precisión, e que se supón que ten unha solución obxectiva e verificábel, mais que aínda non foi solucionado.

Na historia da ciencia, algúns destes supostos problemas sen resolver foron "solucionados" ao mostrar que non foran ben definidos. En matemáticas, moitos dos problemas sen resolver teñen que ver con esa cuestión, se certa definición é ou non é consistente.

Dous exemplos notábeis en matemáticas que foron solucionados e pechados por investigadores no século XX foron o Último Teorema de Fermat e o Teorema das catro cores.[1] Un problema importante resolvido a a principios do século XXI doi a conxectura de Poincaré.

Os problemas sen resolver existen en todos os campos científicos. Por exemplo, un dos problemas sen resolver máis importantes en bioquímica é o problema da predición da estrutura de proteína – como predicir a estrutura dunha proteína desde a súa secuencia.[2][3]

Notas

  1. Faltings, Gerd (July 1995). The Proof of Fermat's Last Theorem by R. Taylor and A. Wiles (PDF). Notices of the AMS 42. pp. 743–746. ISSN 0002-9920. 
  2. Vendruscolo, M.; Najmanovich, R.; Domany, E. (1999). Protein Folding in Contact Map Space. Physical Review Letters 82. pp. 656–659. Bibcode:1999PhRvL..82..656V. arXiv:cond-mat/9901215. doi:10.1103/PhysRevLett.82.656. 
  3. Dill, K.A.; Ozkan, S.B.; Weikl, T.R. (2007). The protein folding problem: when will it be solved?. Current Opinion in Structural Biology 17. pp. 342–346. doi:10.1016/j.sbi.2007.06.001. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas