Tarento converteuse na capital do principado, que cubría case todo o calcañar de Apulia. Durante os seguintes 377 anos de historia, ás veces era un feudo poderoso e practicamente independente do Reino de Sicilia (e despois do Reino de Nápoles), ás veces só era un título, dado a miúdo ao herdeiro da coroa ou ao esposo dunha raíña reinante. Cando a Casa de Anjou foi dividida, Tarento recaeu na casa de Durazzo (1394-1463).
Fernando I de Nápoles uniu o Principado de Tarento ao Reino de Nápoles á morte da súa esposa, Isabel de Tarento. O principado chegou ao seu fin, pero os reis de Nápoles continuaron dando o título de príncipe de Tarento aos seus fillos, primeiramente ao futuro Afonso II de Nápoles, o fillo máis vello de Isabel.
Territorio
En 1086 os territorios cedidos a Boemundo correspondían, ademais da cidade de Tarento, aos territorios do condado de Conversano e todo o Salento, agás Lecce e Ostuni[1]
No curso dos anos o Principado de Tarento desmembrouse varias veces, ben porque os seus príncipes, para recompensar os servizos feitos polos seus cabaleiros, doaban parte dos seus dominios, ben porque os soberanos napolitanos, temerosos do poder do Principado, lles substraían territorios que logo lles entregaban aos seus baróns.
Despois de 1399, de feito, coa titularidade do Principado pasada a Raimundo Orsini des Baux, os dominios do Principado se sumaron aos do Condado de Lecce, do condado de Soleto e algunhas baronías e señoríos en Terra de Lavoro e Terra de Bari.
1465 - Fernando I de Nápoles , tamén coñecido como Rei Ferrante, á morte da súa muller Isabel une o principado de Tarento co Reino de Nápoles. Foi a partir do seu primoxénito, o daquela duque de Calabria e futuro Afonso II, cando se fai costume entre os reis Nápoles atribuír o título de príncipe de Tarento aos seus fillos, malia ter desaparecido de feito o principado.