Matera (Materano: Matàrë) é unha cidade na provincia de Matera na rexión de Basilicata, na Italia Meridional. É a capital da provincia de Matera e foi a capital de Basilicata entre 1663 e 1806. A cidade está situada nun pequeno canón esculpido polo río Gravina. Tiña 60.023 habitantes en 2012. Esténdese por unha área de 387,40 km2, tendo unha densidade de poboación de 150 hab/km2.
Coñecida como la Città Sotterranea ("a cidade subterránea"), Matera é unha das cidades máis antigas habitadas de seguido do mundo, leva habitada desde o 10º milenio a.C.[1] O seu centro histórico Sassi", xunto co conxunto das igrexas rupestres, recibiu o status de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1993.
O 17 de outubro de 2014, Matera foi declarada anfitrioa italiana da Capital Europea da Cultura para 2019 xunto coa cidade búlgara de Plovdiv.[2]
Chisena, Leonardo A. (1984). Matera dalla civita al piano: stratificazione, classi sociali e costume politico(en italiano). Matera: Congedo. ISBN978-8877862310.