Pride & Prejudice é un filme de 2005 dirixido por Joe Wright que se basea na novela de Jane Austen Orgullo e prexuízo de 1813. O filme conta a historia de cinco irmás dunha familia inglesa da baixa aristocracia que se enfrontan a temas como o matrimonio, a moralidade e os malentendidos. Keira Knightley interpreta o papel principal de Elizabeth Bennet, mentres que Matthew Macfadyen interpreta o seu interese romántico Mr. Darcy. Producido por Working Title Films en asociación con StudioCanal, o filme estreouse o 16 de setembro de 2005 no Reino Unido e Irlanda, e o 11 de novembro nos Estados Unidos de América.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas