O Premio á mellor ilustración infantil e xuvenil, en castelán Premio a las mejores ilustraciones infantiles y juveniles rebautizado oficialmente como Premio Nacional de Ilustración desde 2008,[1] outórgase no Estado español desde 1978, por iniciativa do Ministerio de Cultura de España, con diversas subcategorías (primeiro e segundo premio, premio único e accésit, premio de ilustración infantil e xuvenil, etc.) segundo os anos.
Até o ano 2007 tiña como finalidade premiar as mellores obras de ilustración dirixidas á infancia e á xuventude incluídas en obras que se publicaran por primeira vez en España ao longo de cada ano (por editoriais españolas, aínda que fose coeditada independentemente de onde fosen foron impresos).
A partir de 2008, segundo o Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, "O Premio Nacional de Ilustración (...) ten como obxectivo recoñecer e distinguir o conxunto do traballo realizado por un ilustrador español no ámbito do libro e das letras españolas".