O polígono industrial de Penapurreira é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello das Pontes de García Rodríguez.[1] Recibe o seu nome da aldea de Pena Porreira, da parroquia de Vilavella.
Descrición
Creouno o IGVS entre 1998 e 2001, cofinanciado pola Xunta de Galicia, Endesa e o Instituto para a Reestruturación da Minería do Carbón. Está xestionado por Xestur Coruña.
Ten 822 287 metros cadrados de superficie en tres fases:
- Primeira con preto de 400 000 metros cadrados.
- Segunda de 145 000 m²
- Terceira (Fase C) 288 096 m²
A superficie total está repartida do seguinte xeito:
- Industrial: 532 980 m²
- Social: 15 064 m²
- Deportiva: 15 602 m²
Neste polígono teñen a súa sede empresas como Einsa, Arteixo Telecom ou Galparquet.
Ten accesos á AC-42, que conecta a 5 km coa AG-64 (Ferrol-Vilalba)
Notas