EINSA Print, Ediciones Informatizadas S. A. é unha empresa de orixe galega creada en Andrade (Pontedeume). Está adicada á impresión e a servizos da información. Ten plantas de produción en Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Madrid (onde está a súa sede) e tamén oficinas comerciais en Londres e París.
Historia
En 1971 créase EINSA Print para imprimir as guías de GT Motive, outra empresa do grupo Einsa que editaba a "Guía de Tasaciones" un catálogo con información detallada de tódolos modelos de coches que hai no mercado, as súas pezas e compoñentes. Esta guía se segue a editar hoxe en día e informa dos prezos e tempos de reparación de vehículos[2].
En 1999 Einsa con subvencións do Fondo Mineiro crea nas Pontes, no Polígono industrial de Penapurreira outra planta de impresión máis grande e moderna que a de Pontedeume. A planta foi ampliada posteriormente ata os 84.000 metros cadrados actuais.
A empresa imprime as guías telefónicas de moitos países de Europa, África ou Asia. Tamén publica catálogos de empresas de venda por correo, folletos publicitarios e revistas para 22 países.
En maio de 2012 producíronse folgas e paros na planta das Pontes en protesta pola redución de persoal e soldos proposta pola empresa, que pretendía despedir 29 dos 370 traballadores da fábrica para acadar un aforro 2,9 millóns de euros xunto coa redución dun 18% do salario dos traballadores. Os sindicatos calculan que a empresa recibiu 50 millóns de euros en subvencións[3].
Produtos
Directorios (guías telefónicas), catálogos, revistas e folletos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas