Mewtwo Strikes Back: Evolution (ミュウツーの逆襲 EVOLUTION, Myūtsū no Gyakushū EVOLUTION?) é un filme xaponés de animación de 2019 dirixido por Kunihiko Yuyama e Motonori Sakakibara. O filme é o vixésimo segundo da franquía de Pokémon e un remake CGI do primeiro filme Pokémon: The First Movie. Foi animado pola unidade de CGI de OLM.[2]
No Xapón, estreouse o 12 de xullo de 2019 a través de Toho. Unha versión con dobraxe en inglés foi preestreada nos Ánxeles, California o 4 de xullo de 2019. Estreouse internacionalmente a través de Netflix no "día de Pokémon", o 27 de febreiro de 2020.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas