Até mediados do século XX eran nómades que recorrían en canoas as canles austrais da Patagonia occidental. No último século a súa poboación reduciuse por mor de masacres e morte por enfermidades, así como abandono do grupo. Por outra parte, o seu modo de vida tradicional sufriu unha forte transformación tralo contacto con chilenos e navegantes estranxeiros. No século XXI, a maior parte dos kawésqar vive na vila de Puerto Edén e nas cidades de Puerto Natales e Punta Arenas.
Patricia Messier Loncuante (2005). "Kawésqar Community". Indigenous Geography Project. National Museum of the American Indian. Arquivado dende o orixinal o 2012-08-07. Consultado o 2009-09-14.