Planum Australe é a chaira máis ó sur de Marte, de feito ocupa boa parte do seu polo sur, estende dende os 75º S ata o centro do polo sur, exactamente está centrada sobre as coordenadas 83,35° S 157,7° E[1]. As características desta rexión deberon ser estudadas pola infrutuosa misión da sonda da NASAMars Polar Lander, sonda coa que se perdeu o contacto cando esta entrou na atmosfera marciana.
Capa de xeo
Planum Australe está parcialmente cuberta por unha capa permanente de xeo composta por xeos de auga e dióxido de carbono duns 3 km de grosor. Tamén se forma unha capa de xeo durante a estación invernal sobre a capa permanente, esta capa invernal acaba acadando a latitude 60°S. No punto máis álxido do inverno, o grosor desta capa invernal pode acadar o metro de espesor.[2] É posible que a área que cobre esta capa de xeo se estea encollendo debido a cambios climáticos locais ou a un cambio climático máis global.[3]
En 1966, Leighton e Murray propuxeron que as capas de xeo dos polos marcianos almacenaban máis CO2 cá atmosfera marciana. Pola contra hoxe en día é sabido que a inmensa maioría do xeo dos polos marcianos está composto de xeo de auga. Ambos polos cóbrense cunha fina capa temporal de xeo de CO2, ademais o polo sur cóbrese dunha capa residual e permanente de xeo de CO2, duns 8 a 10 metros de espesor, a cal descansa sobre a capa de xeo de auga. Posiblemente a chave para explicar que o inmensa maior parte deste xeos dos polos é xeo de auga, é que o xeo de CO2 non é mecanicamente o suficientemente duro coma para manter unha capa de xeo de 3 km de espesor durante longos períodos de tempo.[4]. Evidencias obtidas polo radar SHARAD, con capacidade de penetración na masa de xeo, revelaron grandes cantidades de CO2 subterráneo, cantidades que serían aproximadamente iguais ó 80% do CO2 que hai na actual atmosfera marciana.[5]
Datos obtidos coa sonda Mars Express da ESA indican que existen tres partes principais na capa de xeo. A capa máis refractiva está composta por un 85% de xeo seco e un 15% de xeo de auga. A segunda parte sería a capa que se estende ata grandes escarpas e ladeiras que forman a fronteira natural da planicie, esta capa estaría composta case por completo por xeo de auga. E por último a última capa serían os campos de permafrost que se estenden moitos quilómetros a partir das escarpas cara ao norte.[6]
O centro da capa permanente non está situado a 90°S, se non que está desprazado 150 quilómetros ó norte do polo sur xeográfico. A presenza de dúas enormes cuncas de impacto no hemisferios occidental - Hellas Planitia e Argyre Planitia - crean unha área de baixas presións permanentes sobre a capa de xeo. O resultado deste fenómeno é a xeración, por parte desta borrasca, dunha neve moi esponxosa e branca, a cal ten un altísimo albedo. Isto contrasta moito cos xeos escuros que se forman na parte oriental da rexión polar, a cal tamén recibe menos neve.[7]
Accidentes xeolóxicos
Concepción artística que amosa os chorros de area dos géiseres de Marte. (publicada pola NASA; artista: Ron Miller.
Vista en primeiro plano das "manchas de dunas escuras" creadas polos géiseres.
A formación e fundido da capa de xeo do polo sur marciano crea unha gran cantidade de sistemas de canles con forma de arañeira sobre a capa de xeo dun metro de espesor grazas a enerxía achegada á luz solar. Tamén, o CO2 sublimado (e posiblemente tamén a auga) incrementan a presión no interior da capa de xeo, provocando erupcións semellantes a géiseres que expulsan fluídos fríos a miúdo mesturados con area basáltica escura ou con lama.[9][10][11][12] Estes géiseres morren axiña, unha vez que os gases que se sublimaron dentro da capa de xeo escapan a atmosfera, pero o fenómeno da aparición destes géiseres pódese apreciar durante semanas ou incluso meses, a taxa de incremento deste fenómeno é moi rara na xeoloxía, especialmente en Marte. Non hai misións previstas para que aterren nesta rexión.
↑
Eric J. Kolb; Kenneth L. Tanaka (2006). Mars Informatics Inc., ed. "Accumulation and erosion of south polar layered deposits in the Promethei Lingula region, Planum Australe, Mars". The Mars Journal2: 1–9. Bibcode:2006Mars....2....1K. doi:10.1555/mars.2006.0001.
↑G. Portyankina, ed. (2006). "Fourth Mars Polar Science Conference"(PDF). SIMULATIONS OF GEYSER-TYPE ERUPTIONS IN CRYPTIC REGION OF MARTIAN SOUTH. Consultado o 11-08-2009.