Mars Express

Mars Express
Representación de Mars Express sobrevoando Marte.
TipoCientífico
OrganizaciónESA
Destino actualEn órbita marciana.[1][2][3]
Data de lanzamento2 de xuño de 2003, 17:45 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorSoiuz FG[1][3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID2003-022A
Masa666,0 kg[1]
Potencia460,0 W[1]

Mars Express é unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzada o 2 de xuño de 2003 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur para estudar Marte.[1][2][3]

Características

Mars Express é unha misión co obxectivo de estudar Marte e fotografalo a alta resolución co fin de obter datos xeolóxicos e mineralóxicos e de caracterizar a composición da súa atmosfera, a estrutura da súa subsuperficie, os patróns de circulación atmosférica global e a interacción entre a atmosfera e o subsolo. Mars Express levaba acaroada a sonda de aterraxe Beagle 2, que se separou da nave principal antes de entrar en órbita marciana co fin de chegar á superficie e estudala in situ. Beagle 2 nunca chegou a transmitir desde a superficie, unha década mais tarde foi atopada pola Mars Reconnaissance Orbiter a inaxen mostra que os paneis solares despregáronse parcialmente imposibilitando que antena radio comunicase coa terra e recibir ordes.[7]

A estrutura principal da nave é de aluminio e ten forma de cubo cunhas dimensións de 1,5 m x 1,8 m x 1,4 m. Desta estrutura sobresaen os paneis solares, que lle dan unha envergadura á nave de 12 metros, e varios instrumentos e antenas. A masa total da nave, con propelente, é de 1123 kg (666 kg sen propelente). Nun dos lados do cubo atópase unha antena parabólica de alta ganancia e 1,8 m de diámetro. Perpendicularmente ós paneis solares, e de lados opostos, sobresaen dúas antenas dipolo de 20 m de longo que forman parte do radar de sondaxe. Doutro dos lados sobresae unha antena tubular de baixa ganancia e 4 m de longo. O cubo contén o sistema de propulsión, cun motor principal bipropelente e cun impulso de 400 N e oito propulsores máis pequenos, de 10 N de impulso e situados en cada esquina do cubo. A nave estabilízase nos tres eixos e o control e coñecemento da actitude corren a cargo de dúas unidades de referencia inercial, dous seguidores de estrelas, dous sensores solares, varios xiroscopios e acelerómetros e catro volantes de inercia de 12 Nms de momento angular. O control térmico da nave ten lugar mediante o uso de radiadores, illantes e quentadores.[1][2][3]

Os paneis solares, cunha superficie de 11,42 m², deberían ter proporcionado ata 660 W de potencia á distancia de Marte, pero unha conexión defectuosa rebaixou esa cifra a 460 W, afectando ó modo en que a nave pode facer observacións científicas. A enerxía eléctrica gárdase en tres baterías de ión de litio cunha capacidade de 64,8 Ah e unha saída de 28 V e que é usada durante as eclipses.[1][2][3]

As comunicacións teñen lugar mediante a antena de alta ganancia e dúas antenas omminidireccionais traballando en banda S e banda X. Adicionalmente, Mars Express leva a bordo dúas antenas para UHF pensadas para ser usadas coa Beagle 2 e que son capaces de comunicarse cos diferentes rovers estadounidenses situados na superficie.[1][2][3]

Instrumentación científica

Beagle 2, tal como debería ter quedado despregada na superficie marciana.

Mars Express leva a bordo un total de sete experimentos cunha masa conxunta de 116 kg:[1]

  • HRSC (High Resolution Stereoscopic Camera): é unha cámara capaz de obter imaxes estereoscópicas da superficie cunha resolución de 10 metros en xeral e de 2 metros en áreas seleccionadas.
  • OMEGA: espectrómetro para o rango de luz visible e o infravermello próximo cunha resolución de 100 metros para obter datos mineralóxicos.
  • PFS: espectrómetro infravermello para o estudo da composición da atmosfera marciana a partir das liñas de absorción detectadas na luz solar que atravesa a atmosfera, podendo obter o perfil vertical de presións e temperaturas do dióxido de carbono que forma o 95% da atmosfera de Marte.
  • SPICAM: espectrómetro infravermello e ultravioleta para determinar a composición da atmosfera de forma similar a PFS, detectando liñas de absorción no ultravioleta e o infravermello da luz solar que pasa a través da atmosfera.
  • ASPERA: un detector de partículas cargadas (ións e electróns) e neutras na atmosfera superior para detectar a cantidade de átomos de osíxeno e hidróxeno que interactúan co vento solar e as zonas onde se produce esa interacción co fin de determinar a velocidad á que a atmosfera de Marte se perde no espazo.
  • MARSIS (radar subsuperficial e altímetro): estuda a subsuperficie ata profundidades de varios quilómetros mediante unha antena de 40 metros de longo que emite pulsos de radar. Estuda tamén a ionosfera mediante a reflexión das ondas de radar.
  • MaRS: experimento de radiociencia que usa o enlace de comunicacións coa Terra para estudar a ionosfera marciana, a súa atmosfera e o seu interior.

Desenvolvemento da misión

Mars Express foi lanzada a unha órbita arredor da Terra de 200 km de altura o 2 de xuño de 2003 ás 17:45 UTC a bordo dun Soiuz-FG. Hora e media máis tarde, a etapa superior da Soiuz-FG á que a nave estaba acoplada acendeuse de novo, inxectándoa nunha órbita de transferencia cara Marte. A etapa superior e a Mars Express separáronse ás 19:17, co posterior despregue dos paneis solares por parte da nave. O 4 de xuño e en setembro executáronse sendas manobras de corrección de traxectoria, chegando a nave a Marte en decembro. O 19 de decembro ás 8:31 UTC, Mars Express liberou a pequena sonda de aterraxe Beagle 2, da que nunca máis se tiveron noticias. A nave acendeu os seus motores para entrar en órbita marciana o 25 de decembro ás 2:47 UTC durante 37 minutos, quedando nunha órbita altamente elíptica, cun periapse de 250 km e un apoapse de 150.000 km e unha inclinación orbital de 25 graos. Tras varios acendidos do motor principal, o 30 de decembro Mars Express quedou na súa órbita de traballo, cun periapse de 258 km e un apoapse de 11.560 km e case 90 graos de inclinación orbital, e que sería modificada varias veces máis tarde. A misión nominal duraría un ano marciano (687 días), pero o bo estado da nave permitiu estender a súa misión varias veces.[1][2][3]

Datos

No 2021, Mars Express, corroborou diversos datos: o 95 % da atmosfera marciana está constituída por dióxido de carbono, o planeta ten tres capas de ozono (unha permanente, outra asociada a estacións no hemisferio norte e outra a estacións no hemisferio sur) entre 100 e 1000 veces máis tenues que na Terra.[8]

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 NASA (1 de xullo de 2013). "Mars Express" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Mark Wade (2011). "Mars Express" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mars Express / Beagle 2" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS EXPRESS" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  5. "Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary- General" (PDF) (03-87784). 9 de setembro de 2003: 6. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  6. Claude Lafleur (2010). "Mars Express" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  7. Axencia Espacial Europea (ed.). "Beagle-2 aterra en Marte" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2015. 
  8. "Better understanding of Earth’s atmospheric chemistry from studying Mars?". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-07-24. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

أكسيد نيكل ثنائي أكسيد النيكل الثنائي أكسيد النيكل الثنائي الاسم النظامي (IUPAC) Nickel(II) oxide أسماء أخرى Nickel monoxide Oxonickel المعرفات رقم CAS 1313-99-1 Y بوب كيم (PubChem) 14805 مواصفات الإدخال النصي المبسط للجزيئات O=[Ni][1]  المعرف الكيميائي الدولي InChI=1S/Ni.O[1]  InChIKey:GNRSAWUEBMWBQH-UHFFFAOYSA-N[1 ...

Cinema of Pakistan List of Pakistani films Pakistani Animation Highest Grossing Pre 1950 1950s 1950 1951 1952 1953 19541955 1956 1957 1958 1959 1960s 1960 1961 1962 1963 19641965 1966 1967 1968 1969 1970s 1970 1971 1972 1973 19741975 1976 1977 1978 1979 1980s 1980 1981 1982 1983 19841985 1986 1987 1988 1989 1990s 1990 1991 1992 1993 19941995 1996 1997 1998 1999 2000s 2000 2001 2002 2003 20042005 2006 2007 2008 2009 2010s 2010 2011 2012 2013 20142015 2016 2017 2018 2019 2020s 2020 2021 2022 20...

For other uses, see Red River. Town in New Mexico, United StatesRed River, New MexicoTownThe town of Red River, New MexicoLocation of Red River, New MexicoRed River, New MexicoLocation in the United StatesCoordinates: 36°42′23″N 105°24′19″W / 36.70639°N 105.40528°W / 36.70639; -105.40528CountryUnited StatesStateNew MexicoCountyTaosDate Established1895Government • MayorLinda CalhounArea[1] • Total1.02 sq mi (2.64...

GSh-30-1 GSh-30-1 Jenis Automatic cannon Negara asal  Uni Soviet Sejarah pemakaian Masa penggunaan 1980–present Sejarah produksi Perancang V. Gryazev, A. Shipunov Tahun 1977 Produsen KBP Instrument Design Bureau Spesifikasi Berat 46 kg Panjang 1,978 mm Panjang laras 1,500 mm Lebar 156 mm Tinggi 185 mm Peluru 30×165mm Kaliber 30mm Lop/Laras 1 Mekanisme Short recoil operated Rata² tembakan 1,500–1,800 rounds/min Kecepatan peluru 860 m/s Gryazev-Shipunov GSH-3...

Amusement park This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Beto Carrero World – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2014) (Learn how and ...

Montaña Roja SituaciónPaís España EspañaComunidad Canarias CanariasProvincia Santa Cruz de TenerifeIsla TenerifeCoordenadas 28°01′37″N 16°32′57″O / 28.02694444, -16.54916667Datos generalesGrado de protección Reserva natural especialFecha de creación 1994Superficie 166 ha Montaña Roja Ubicación en Provincia de Santa Cruz de Tenerife.[editar datos en Wikidata] La reserva natural especial de Montaña Roja es un espacio pr...

2008 Indian filmDuraiTheatrical release posterDirected byA. VenkateshWritten byG. K. Gopinath (dialogues)Arjun (story)Produced byP. L. ThenappanStarringArjun Keerat BhattalGajalaSuma GuhaVivekVincent AsokanCinematographyV. LekshmipathyEdited byV. KrishnakumarMusic byD. ImmanProductioncompanySri Rajlakshmi Film Pvt LtdDistributed byAyngaran International MediaRelease date 1 October 2008 (2008-10-01) Running time151 minutesCountryIndiaLanguageTamil Durai is a 2008 Indian Tamil-la...

Imamat 9Kemah Suci, Biblical illustrations, Sweet Media, 1984KitabKitab ImamatKategoriTauratBagian Alkitab KristenPerjanjian LamaUrutan dalamKitab Kristen3← pasal 8 pasal 10 → Imamat 9 (disingkat Im 9) adalah bagian dari Kitab Imamat yaitu kitab ke-3 dalam Alkitab Ibrani dan Perjanjian Lama di Alkitab Kristen. Termasuk dalam kumpulan kitab Taurat yang disusun oleh Musa.[1][2] Teks Naskah sumber utama: Masoretik, Taurat Samaria, Septuaginta dan Naskah Laut Mati. Pas...

Pour les articles homonymes, voir Archives nationales (homonymie). Archives nationalesCadreType Archives nationales, bibliothèque nationaleForme juridique Service déconcentré à compétence nationale d'un ministère (hors défense)Domaine d'activité Gestion des bibliothèques et des archivesSiège Site de Pierrefitte-sur-Seine des Archives nationales (depuis 2013)Pays  FranceCoordonnées 48° 56′ 51″ N, 2° 21′ 51″ EOrganisationEffectif 463,7 emp...

Strait in Indonesia Sape StraitSelat Sape (Indonesian)Northeast passage to the Sape Strait at northern tip of Komodo Island.Sape StraitSumbawa island and Sape StraitCoordinates8°39′00″S 119°18′00″E / 8.65000°S 119.30000°E / -8.65000; 119.30000TypestraitBasin countriesIndonesiaReferencesSelat Sape: Indonesia National Geospatial-Intelligence Agency, Bethesda, MD, USA The Sape Strait (Indonesian: Selat Sape) or Sapie Strait[1] is a strait con...

Defunct regional airline of Italy (1997—2015) C.A.I. First[1] IATA ICAO Callsign XM[1] SMX ALIEXPRESS Founded1 October 1997 (1997-10-01)Ceased operations6 February 2015 (2015-02-06)(integrated into Alitalia)Operating basesMilan–LinateMilan–Malpensa (1998—2008)Rome–FiumicinoFrequent-flyer programMilleMigliaAllianceSkyTeam (affiliate; 2001—2015)Parent companyAlitaliaHeadquartersFiumicino, Rome, Italy C.A.I. First S.p.A. was[2] an...

This article needs to be updated. The reason given is: Merger with Beth Israel to create Beth Israel Lahey Health. Please help update this article to reflect recent events or newly available information. (December 2023) Addison Gilbert Hospital, Gloucester, Massachusetts, circa 1887 Lahey Health System, commonly known as Lahey Health, is an organization based in Burlington, Massachusetts that manages hospitals, physicians and other health services in northeastern Massachusetts.[1] Whe...

sc HeerenveenCenterNama lengkapSportclub HeerenveenJulukanPride of FrieslandTrots van het NoordenBerdiri20 Juli 1920; 103 tahun lalu (1920-07-20)StadionAbe Lenstra Stadion,Heerenveen(Kapasitas: 26.800)KetuaLuuc EisengaManajerFoppe de HaanLigaEredivisie2013–14ke-5, EredivisieSitus webSitus web resmi klub Kostum kandang Kostum tandang Musim ini Sportclub Heerenveen (pengucapan bahasa Belanda: [ˈspɔrt.klʏp ˌɦeː.rə(n).ˈveːn]; (bahasa Frisia: Sportklub It Hearrenfean) ada...

United States Army general (1885–1974) Raymond Albert WheelerKBE KCIEOfficial photo as a lieutenant generalBirth nameRaymond Albert WheelerNickname(s)SpeckBorn(1885-07-31)31 July 1885Peoria, Illinois, United StatesDied9 February 1974(1974-02-09) (aged 88)Walter Reed Army Medical Center, Washington, D.C., United StatesBurial placeArlington National CemeteryAllegiance United StatesBranch United States ArmyYears of service1911–1949Rank Lieutenant generalService number0-30...

Rawa DanauRawadanoCagar Alam Rawa DanauPemandangan Rawa Danau dari atas bukit mengarah ke selatan tampak bukit Kemuning (270 mdpl) dan Gunung Karang (1.778 mdpl)LetakKab. Serang, BantenKoordinat6°09′43″S 105°59′01″E / 6.16184°S 105.9835°E / -6.16184; 105.9835Koordinat: 6°09′43″S 105°59′01″E / 6.16184°S 105.9835°E / -6.16184; 105.9835Bagian dariDAS CidanauAliran keluar utamaCidanauLembaga yang mengaturBKSDA Jawa BaratDiben...

У этого термина существуют и другие значения, см. Ёж (значения). Обыкновенный ёж Научная классификация Домен:ЭукариотыЦарство:ЖивотныеПодцарство:ЭуметазоиБез ранга:Двусторонне-симметричныеБез ранга:ВторичноротыеТип:ХордовыеПодтип:ПозвоночныеИнфратип:Челюстноротые�...

Эта статья описывает ситуацию применительно лишь к одному региону, возможно, нарушая при этом правило о взвешенности изложения. Вы можете помочь Википедии, добавив информацию для других стран и регионов. Капитолийская волчица, вскармливающая братьев Ромула и Рема. Один ...

New London Ciudad New LondonUbicación en el condado de Kandiyohi en Minnesota Ubicación de Minnesota en EE. UU.Coordenadas 45°18′04″N 94°56′39″O / 45.301111111111, -94.944166666667Entidad Ciudad • País  Estados Unidos • Estado  Minnesota • Condado KandiyohiSuperficie   • Total 3.21 km² • Tierra 3.08 km² • Agua (4.19%) 0.13 km²Altitud   • Media 368 m s. n. m.Población (2010)  &#...

American banking company People's United Financial, Inc.Bridgeport Center, the headquarters of People’s United BankCompany typeSubsidiaryTraded asNasdaq: PBCTIndustryFinancial servicesFounded 1842 as Bridgeport Savings Bank 1927 as Bridgeport-People's Savings Bank 1955 as People's Savings Bank-Bridgeport 1983 as People's Bank 2007 as People's United Bank Defunct2022FateMerged into M&T BankHeadquartersBridgeport, Connecticut, U.S.Number of locations403 branchesKey peopleGeorge P. Ca...

Bruno Lima Irudi gehiagoBizitzaJaiotzaSan Juan, 1996ko otsailaren 4a (28 urte)Herrialdea ArgentinaJarduerakJarduerakboleibol jokalaria Parte-hartzailea volleyball at the 2016 Summer Olympics (en) 2018 FIVB Volleyball Men's Nations League (en) 2018 FIVB Volleyball Men's World Championship (en) volleyball at the 2016 Summer Olympics – men's tournament (en) (5.) volleyball at the 2020 Summer Olympics – men's tournament (en) (3.) Pisua87±0,1 kilogramoAltuera197 zentimetro Brun...