Este réptil pode alcanzar unha lonxitude, dende a testa até a cola, de 6 metros e uns 95 kg de peso, aínda que, normalmente, non chega a medir máis de 5 metros de longo e os exemplares máis pequenos teñen unha lonxitude de 3 metros. O pitón da India ten unha testa tipicamente triangular, de pequeno tamaño comparado coa lonxitude do seu corpo.
Python morulus ten unha esperanza de vida en catividade duns 10 anos, aínda que se viron casos en que chegaron ós 30 anos.
↑McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T. 1999. Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, vol. 1. Herpetologists' League. 511 pp. ISBN1-893777-00-6 (series). ISBN1-893777-01-4 (volume).