Pieter Boel

Modelo:BiografíaPieter Boel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1622 Editar o valor en Wikidata
Anveres, Bélxica Editar o valor en Wikidata
Morte3 de setembro de 1674 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París (1669–1674)
Anveres (1650–1651)
Xénova (1647–1649)
Roma
París
Anveres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, artista gráfico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNatureza morta Editar o valor en Wikidata
MovementoBarroco e Pintura barroca flamenga (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJan Fyt Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJan Baptist Boel II Editar o valor en Wikidata
IrmánsQuirin Boel Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Pieter Boel)
Het Gulden Cabinet (en) Traducir, (sec:Peeter Boel Beest-Schilder van Antwerpen, oudt 36 jaren Anno 1661, Het Tweede Deel, pag. 362)
The Lives of Dutch painters and paintresses (en) Traducir, (sec:Boel (Peter), V2, pag. 211) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX848303
Alegoría da vanidade, óleo sobre lenzo (207 x 260 cm), Palacio de Belas Artes de Lille.
Armas e instrumentos de guerra, óleo sobre lenzo, 169 x 313 cm, Madrid, Museo do Prado.

Pieter Boel, nado en Anveres en 1622 e finado en París en 1674, foi un ilustrador, gravador e pintor barroco flamengo, especializado na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas.

Traxectoria

Fillo do gravador Jan Boel, foi bautizado en Anveres o 10 de outubro de 1622. Formado na pintura con Jan Fyt, está documentada a súa presenza en Xénova entre 1647 e 1649. De regreso a Anveres, en 1650 foi admitido como mestre no gremio de San Lucas. Cara a 1669 trasladouse a París, onde traballou ás ordes de Charles Le Brun (1619-1690) nas tapizarías reais, para as que executou un número importante de debuxos de animais, moitos actualmente conservados no Museo do Louvre, incorporados aos cartóns que servían de modelo para os tapices destinados á corte de Lois XIV.[1]

A súa especialidade animalística levouno a colaborar ocasionalmente con outros pintores, como Jacob Jordaens ou Erasmus Quellinus II. Nos seus bodegóns, nos que se manifesta a influencia de Jan Fyt, incorpora pezas de caza e ricos obxectos de alto valor decorativo. Entre eles cabe destacar algúns conservados no Museo do Prado, como Caza e cans e Armas e instrumentos de guerra.

Notas

  1. "Debuxos de Pieter Boel no Museo do Louvre.". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas