Pica de papo rubio

A pica de papo rubio[2] (Anthus cervinus) é unha ave da familia das motacílidos, que cría nas zonas de taiga e tundra de Eurasia e Alasca e pasa o inverno en zonas tropicais de África e Asia.

Descrición

Son paxaros de entre 14 e 15 cm. de lonxitude, coa parte superior do corpo de cor castaña. A parte superior da cabeza e a parte superior do lombo teñen faixas lonxitudinais escuras. A rabadilla está punteada de negro. As aves adultas teñen unha gorxa de cor ferruxe moi característica. Esta coloración espállase nalgúns exemplares ata o papo e os lados da cabeza. O resto da parte inferior é amarela clara, con puntos negros no peito e nos flancos. As aves novas teñen a gorxa branca durante o seu primeiro inverno de vida, teñen unha lista superciliar e un pequeno anel ocular brancos e liñas abrancazadas no lombo.

Cantan en xeral voando. Poucas veces o fan pousados e, cando se da o caso, só por períodos curtos.

Distribución e hábitat

A area de cría abrangue a tundra boreal e a taiga dende Escandinavia ata a península de Chukchi e a costa oeste de Alasca. Viven principalmente en áreas pantanosas baixas e abertas, con arbustos de folla caduca. Durante as migracións vense en áreas húmidas sen árbores, pero tamén en zonas secas e campos labrados.

Non hai cifras exactas do número de exemplares desta especie pero a IUCN non a considera especie ameazada.

Reprodución

Anthus cervinus

Fan os niños no chan entre a vexetación, e poñen os ovos entre finais de maio e comezos de xuño. A posta varía entre 4 e 7 ovos, que chocan durante uns 10 a 13 días. Incuba case exclusivamente a femia, que é alimentada polo macho durante esta época. Os polos tardan entre mes e medio e dous meses en poderen voar.

Migracións

Chegan ás áreas de cría entre agosto e setembro. Os exemplares que crían ó leste da área de distribución, pasan o inverno no sueste de Asia; os outros en Exipto e sobre todo ó sur do Sáhara, no Sahel e na sabana.

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Anthus cervinus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lars Svensson, Peter J. Grant, Killian Mullarney, Dan Zetterström: Der neue Kosmos Vogelführer. Kosmos, Stuttgart; 1999: S. 250-251. ISBN 3-440-07720-9
  • Einhard Bezzel: Kompendium der Vögel Mitteleuropas. Passeres - Singvögel. Aula, Wiesbaden, 1993: S. 91-95. ISBN 3-89104-530-1

Ligazóns externas