Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.
Historia
Atopáronse diversos restos arqueolóxicos que demostran a presenza de habitantes durante a ocupación romana. Quedou despoboado durante a época árabe e non se repoboou ata logo da Reconquista; o seu primeiro señor foi Guillem de Claramunt. Tomou parte nas actividades da Comuna del Camp.
A principios do século XIII pertenceu aos señores de Castellvell. Logo de pasar por diversas mans, en 1467 a señoría quedou en poder da curia de Tarragona.
Puigdelfí e Perafort uníronse para formar un único municipio en 1846.
A principal actividade económica do municipio é a agricultura. Destacan os cultivos de viña, amendoeiras e abeleiras. Destaca tamén a actividade industrial, fomentada coa construción de polígonos industriais.
Lugares de interese
Igrexa de Sant Pere de Perafort, neoclásica de tres naves, construída no século XVIII sobre un antigo templo. Ten acaroado un campanario de planta cuadrada.
Igrexa de Sant Sebastià de Puigdelfí, do século XVIII, de tres naves.