PepsiCo Inc. é unha multinacional estadounidense de comida e bebida con sede en Purchase, Nova York, con interese na manufactura, venda e distribución de comida, bebida e outros produtos. PepsiCo foi formada en 1965 coa fusión de Pepsi-Cola Company e Frito-Lay, Inc. Dende entón, PepsiCo estendeu o seu mercado dende a bebida de cola Pepsi a un novo rango de marcas de comida e bebida, entre as que destacan a compra de Tropicana en 1998 e a fusión con Quaker Oats no 2001, que engadiu a marca Gatorade a súa carteira de negocio.
Véxase tamén
Ligazóns externas