Pedro Campos Couceiro

Modelo:BiografíaPedro Campos Couceiro
Biografía
Nacemento1871 Editar o valor en Wikidata
Forcarei, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xaneiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Pedro Campos Couceiro, nado en Meavía (Forcarei) en 1871 e finado en Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1954, foi un político galego.

Traxectoria

Fillo de José Campos López. Emigrou a Arxentina en 1887 e aínda que retornou en 1895 só por uns meses, instalouse definitivamente en San Juan onde casou e tivo doce fillos.

En 1921, xa viúvo, trasladouse a Bos Aires, e participou na creación da sociedade dos emigrantes da Terra de Montes, Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en El Plata Pro Cultura y Protección, fundada o 22 de outubro de 1922. A Sociedade axudou a erguer un edificio escolar no lugar de Leboso, na parroquia de Quintillán, inaugurando en 1928. Pedro Campos e Manuel Pichel foron os directores de Umia y Lérez a publicación mensual da Sociedade, que apareceu en 1923.

Asociouse ao Centro Galego e coa Sociedade de Forcarei, integrouse na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales (FSG), sendo elixido para a súa Executiva, e colaborou no seu órgano El Despertar Gallego. Afiliado a Sociedade Nazonalista Pondal, en 1930 apareceron en A Fouce algúns escritos seus.

Proclamada a República, a FSG enviouno a Galicia como representante da emigración con Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos. Chegou a Galicia a finais de maio de 1931. Participou, con Alonso Ríos, na efémera proclamación da I República Galega. Regresou a Arxentina en novembro dese ano.[1] Colaborou en Galicia e Raza Celta, Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo.

En 1939 promoveu unha campaña entre as entidades galegas da Arxentina, para que se dirixiran ás casas anunciadoras pedíndolles que non contrataran artistas para ridiculizar aos galegos.

Finou no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires o 10 de xaneiro de 1954.[2]

Notas

  1. "Ha regresado don Pedro Campos Couceiro", Galicia, 22-11-1931, p. 3.
  2. Opinión Gallega, 147, xaneiro 1954, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía