Raza Celta

Raza Celta

Editar o valor en Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeMontevideo
Na rede
Galiciana: 577354
editar datos en Wikidata ]

Raza Celta foi un periódico editado en Montevideo entre 1934 e 1935.[1]

Historia e características

Subtitulado Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo, apareceu o 29 de abril de 1934. Ata o número 4 foi quincenal, despois pasou a ser mensual e o número 12, o derradeiro, é bimensual. Estaba dirixido por Constantino Sánchez Mosquera e entre os seus colaboradores figurou Pedro Campos Couceiro. Declárase "periódico galleguista independiente" e no seu número 1 proclama o seu radical compromiso autonomista: "Somos autonomistas porque creemos que la autonomía es lo que más le conviene a Galicia". Está plenamente identificado co Partido Galeguista. Consecuente co ideario autonomista publica, en folletín, o texto do Estatuto de autonomía de Galicia co engadido de comentarios. Remata a súa publicación co número 12, en xaneiro-febreiro de 1935.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos