Pedro Antonio Quiroga

Modelo:BiografíaPedro Antonio Quiroga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1807 Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1875 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosé Quiroga Pérez de Deza, Eduardo Quiroga Pérez Editar o valor en Wikidata

Pedro Antonio Quiroga Hermida, nado en 1807 e finado no Carballiño o 7 de xaneiro de 1875, foi un fidalgo galego.

Pazo de Banga, residencia dos Quiroga.

Traxectoria

Herdou as casas fidalgas de Santa María de Oleiros, de San Tirso de Mabegondo (Abegondo), de Redondelle en San Xes da Peroxa e de Osebe en San Miguel de Lebosende (Leiro). Foi nomeado Comisario provincial de Agricultura en Ourense en 1874.

Vida persoal

Casou con María Asunción Pérez de Deza Pinal, que era dona da casas fidalgas de Banga (O Carballiño), de Corneda (O Irixo), de Cimadevida en San Xoán de Cabanelas (O Carballiño), e de Quintela en Santiago de Catasós (Lalín). Tiveron dous fillos: José (quen casou con Emilia Pardo Bazán) e Eduardo Quiroga Pérez.

Notas

  1. Rodríguez Paz 2019, p. 442-443.

Véxase tamén

Ligazóns externas