Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Cabanelas.
San Xoán de Cabanelas é unha parroquia do concello do Carballiño na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 71 habitantes, deles 31 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Historia
A parroquia foi creada no ano 1893, segregándose os seus lugares da de Banga.[2] Na Carta Xeométrica de Galiza de Domingo Fontán, tanto na minuta manuscrita de 1834 como na edición gravada de 1845, xa aparecía como lugar.[3]
Patrimonio
- Pazo de Cima de Vila.
- Pazo de Reboreda.
- Casa do Cabido
Lugares e parroquias
Lugares de Cabanelas
Parroquias do Carballiño
Notas
Véxase tamén
Outros artigos