O Patriarca de Alexandría é o arcebispo de Alexandría, sucesor do apóstoloSan Marcos. Historicamente, é detentor tamén do título de Papa, que, segundo a perspectiva ortodoxa, foi entregado primeiramente a este bispado, e máis tarde ao de Roma. Co tempo, o patriarcado sufriu varios cismas e actualmente existen catro líderes de igrexas con este título:
O Patriarca Copto Ortodoxo de Alexandría, líder da Igrexa Ortodoxa Copta. Ostenta o título oficial de Súa Santidade, Papa de Alexandría e de todo o Exipto, da Nubia, da Etiopía e da Pentápole e Patriarca de todo o mundo evanxelizado por San Marcos Actualmente o título recae en Shenouda III, cuxa igrexa ten sede no Cairo.
O Patriarca Grego Ortodoxo de Alexandría, líder da Igrexa Ortodoxa de Alexandría, Exipto e toda a África. Actualmente o patriarca é Teodoro II, cuxa igrexa ten sede en Alexandría.
O Patriarca Greco-Melquita de Antioquía e de todo o Oriente, Alexandría e Xerusalén, líder da Igrexa Greco-Católica Melquita. Actualmente, o Patriarca é Gregorio III Laham, cuxa igrexa ten sede no Cairo.
O Patriarca Copto Católico de Alexandría, líder da Igrexa Católica Copta. Antonio Naguib é o actual patriarca, e a súa igrexa ten sede no Cairo.
Cronoloxía histórica
A igrexa de Alexandría foi fundada por San Marcos, apóstolo e evanxelista. Este abdicou no ano 61 e foi martirizado o 25 de abril do 63.
O patriarcado de Alexandría desempeñou un papel importante en relación á doutrina de Ario: O Arianismo e súas concepcións en relación á Trindade: o chamado Trinitarismo. O Arianismo fíxose forte e significou a primeira dificultade doutrinal importante na Igrexa Católica, após da adopción do Cristianismo coma relixión oficial do Imperio por Constantino I.
Foille conferido o título de Papa, por primeira vez na historia, ao Patriarca San Héraclas (232-247), no 232 e despois ao Patriarca Teófilo I (385-412), no 390. O IV Sínodo Ecuménico conferiu ao Bispo de Alexandría o título de Papa e Patriarca e deulle o segundo lugar despois do Patriarca de Constantinopla, non obstante o Patriarcado de Alexandría xamais aceptou a supremacía de Constantinopla, o que favorecería o monofisismo.
O Patriarca Teófilo de Alexandría alcanzou o título de "Xuíz Ecuménico" por promover a paz entre o Patriarca Serxio II, de Constantinopla, e o emperador Bizantino Basilio. Este título pasou os seus sucesores no cargo, facultándolles o dereito de usar dúas Mitras e dous "Petrarchiles", durante a Santa Misa.
No 1210, o Papa Inocencio III, buscou unha aproximación co Papa e Patriarca de Alexandría, Nicolau I e, en 1211, solicitou a este a ordenación dun diácono latino, acto que conseguiu. Un par de anos máis tarde solicitou ao patriarca de Alexandría que participase do IV Concilio de Latrán.
O Cisma Copto na Igrexa de Alexandría ocorreu no 451. Desde entón existen de dúas ramificacións: esta e a anterior, composta polos conservadores Ortodoxos, os seguidores Melkitas de Constantinopla. Continúa a lista de Patriarcas Coptos, fieis á doutrina monofisita que adoptaron ao rexeitar as resolucións do Concilio de Calcedonia451, desde a cisma do ano 535 ate o nosos días.
34 - Teodosio I (535-566) - Catolicismo Copta
Gainas (535-535) - Xulianista
Elpidio (535-565) - Xulianista
Doroteu de Alexandría (565-580) - Xulianista
35 - Teodosio I (575-582) - Catolicismo Copta
Pedro IV (575-578) - monofisita
36 - Damiano ou Damián de Alexandría (578-605) - monofisita
37 - Anastasio de Alexandría (605-619)
38 - Andrónico (619-626)
Foron frustradas as tentativas do Patriarca Kyro, en 643, no sentido de unificar as dúas Igrexas: Ortodoxa e Copta, debido ao seu falecemento. No 662, a Igrexa Copta separouse definitivamente da Igrexa Ortodoxa, con Benxamín I (626-665) que respondía como o Patriarca Católico Copto de Alexandría.
39 - Benxamín I (626-665) - Catolicismo Copta
Menas (634) - Xulianista
40 - Ágato (665-681)
41 - Xoán III (681-689)
42 - Isaac (689-692)
43 - Simón I]] O Sirio (692-700) - Catolicismo Copta
Teodoro (695) - Xulianista
44 - Alexandre II (704-729)
45 - Come ou Cosmas I (729-730)
46 - Teodosio II (730-742)
47 - Miguel I (743-767)
48 - Menas I (767-775)
49 - Xoán IV (776-799)
50 - Marcos III (799-819)
51 - Santiago (819-830)
52 - Simón II (830-830)
53 - Xosé I]] - 831-849)
54 - Miguel II (849-851)
55 - Cosmas II (851-858)
56 - Chenondi ou [[Sanitio I (859-880)
57 - Miguel III (880-907)
58 - Gabriel I (910-921)
59 - Cosmas III (921-933)
60 - Macario I (933-953)
61 - Teófano (953-956)
62 - Menas II (956-974)
63 - Efrén ou Abraám (975-978)
64 - Filoteo (979-1003)
65 - Zacarías (1004-1032)
Traslado da sede ao Cairo.
66 - Cristódulo ou Cristófilo (1032-1046)
67 - Sanitio II ou Shenuoda II (1047-1077)
68 - Cirilo II (1078-1092)
69 - Miguel IV (1092-1102)
70 - Macario II (1102-1128)
71 - Gabriel II (1131-1145)
72 - Miguel V (1145-1146)
73 - Xoán V (1146-1166)
74 - Marcos IV (1166-1189)
75 - Xoán VI (1189-1216)
Vacante (1216-1235)
76 - Cirilo III (1235-1243)
Vacante (1243-1250)
77 - Atanasio III (1250-1261)
78 - Xoán VII (1262-1268 e 1271-1293)
79 - Gabriel III (1268-1271) - Deposto
80 - Teodosio II (1294-1300)
81 - Xoán VIII (1300-1320)
82 - Xoán IX (1320-1327)
83 - Benxamín II (1327-1339)
84 - Pedro V (1340-1348)
85 - Marcos V (1348-1363)
86 - Xoán X (1363-1369)
87 - Gabriel IV (1370-1378)
88 - Mateu I (1378-1408)
89 - Gabriel V (1409-1428)
90 - Xoán XI (1428-1453)
91 - Mateu II (1453-1466)
92 - Gabriel VI (1466-1475)
93 - Miguel VI (1475-1477)
Vacante (1477-1480)
94 - Xoán XII (1480-1483)
95 - Xoán XIII (1483-1524)
Vacante (1524-1526)
96 - Gabriel VII (1526-1569)
Vacante (1569-1573)
97 - Xoán XIV (1573-1585)
98 - Gabriel VIII (1585-1601)
Vacante (1601-1610)
99 - Marcos VI (1610-1621)
100 - Xoán XV (1621-1631)
101 - Mateu III (1631-1645)
102 - Marcos VII (1645-1660)
103 - Mateu IV (1660-1676)
104 - Xoán XVI (1676-1718)
105 - Pedro VI (1718-1726)
106 - Xoán XVII (1727-1745)
107 - Marcos VII (1745-1770)
108 - Xoán XVIII (1770-1797)
109 - Marcos VIII (1797-1809)
110 - Pedro VII (1809-1852)
Vacante (1852-1854)
111 - Cirilo IV (1854-1861)
112 - Demetrio II (1861-1870)
Vacante (1870-1874)
113 - Cirilo V (1874-1927)
Cirilo VI (1899-1908) - Abdicou - Catolicismo Copto