Máximo V Hakim (en árabe: مكسيموس الخامس حكيم), nado en Tanta (Exipto) o 18 de maio de 1908 e finado o 29 de xuño de 2001, foi o Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén da Igrexa católica greco-melquita e bispo da Damasco dende o 22 de novembro de 1967 até o seu retiro o 22 de novembro de 2000.
Traxectoria
Primeiros anos e sacerdocio
Hakim naceu en Tanta, unha cidade do Khedivato de Exipto, o 18 de maio de 1908,[1] de pais orixinarios da cidade siria de Alepo.
O 20 de xullo de 1930 foi ordenado sacerdote por Amin Risqallah Sair, arcebispo de Tiro. Entre 1932 e 1943 foi director do colexio patriarcal no Cairo.[1]
Bispo de Acre
O 13 de marzo de 1943 foi nomeado bispo de Acre,[1] e recibiu a consagración episcopal o 13 de xuño de mans do patriarca Cirilo IX Murabrab.
Patriarcado
O 22 de novembro de 1967 foi elixido patriarca de Antioquía e bispo de Damasco polo Sínodo da Igrexa católica greco-melquita. Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).[2]
Como patriarca, foi un dos principais conselleiros do papa Xoán Paulo II nos asuntos referidos ao Medio Oriente.[3]
Permaneceu no cargo até o seu retiro o 22 de novembro de 2000, con 92 anos. Finou ao ano seguinte, o 29 de xuño de 2001.
Obra
- Pages d'Évangile lues en Galilée. Vercruysse-Vanhove. 1956.
Premios e distincións
Foi Comandante da Lexión de Honor.[1]
Notas