Na mitoloxía grega, Pasítea (en grego antigo Πασιθέα Pasithea, "relaxación"), era unha das Cárites (en grego antigo Χάριτες), máis coñecidas como as tres Grazas, e era a personificación da relaxación, a meditación, as alucinacións e todos os demais estados alterados da conciencia.
As súas irmás eran Aglaia ("a resplandecente"), Eufrósine ("a alegría") e Thalía ("a florecente"). Na mitoloxía romana coñecíanse como as Gratiae, as "Grazas".
No libro 14 da Ilíada de Homero, Pasítea era unha das Cárites máis xoves. Hera prometeuna en matrimonio a Hipnos, o deus do sono a cambio dun favor: se o axudaba a dormir a Zeus.