Posúe 137 km² e unha poboación de 247 863 habitantes, segundo datos definitivos do censo de 2010[1], sendo a cidade máis poboada da provincia. Ademais, é o principal compoñente do aglomerado chamado Gran Paraná. Xunto ao Gran Santa Fe conforman unha área urbana de máis de 850 000 habitantes, unidas por un túnel que atravesa o río. É a décimo cuarta poboación máis grande do país.
Administrativamente é un municipio cabeceira do departamento Paraná, comprende unha área rural e a localidade do mesmo nome. Desde 2009 existe unha zonificación da cidade, a través de catro unidades relativamente autónomas.
Toponimia
O topónimo da cidade provén do río Paraná, en cuxa beira se encontra. A expresión deriva da lingua tupí-guaraní pará = "mar" e ná = "parente". Paraná é, entón "parente do mar", en relación ao seu tamaño.[2]
↑Gianello, Leoncio (1951). Historia de Entre Ríos (1520-1910). Biblioteca Entrerriana "General Perón". Tomo III. Paraná: Ministerio de Educación. Pág. 22.