Aínda que a miúdo se sitúa no xénero Hucho, a filoxenéticamolecular e outras evidencias demostraron que pertence ao seu propio xénero monotípico Parahucho.[6][7][8][9]
Parahucho perryi é unha das especies de salmón máis grandes.[1]
Os exemplares capturados pesaron unha media duns 5 kg. O maior peixe capturado rexistrouse con 9,45 kg.[6]
Habita principalmente nos lagos e nos treitos inferiores e medios dos ríos. Os peixes de máis de 30 cm de longo son case exclusivamente piscívoros, mentres que as crías aliméntanse principalmente de insectos acuáticos. As femias normalmente poñen entre 2 000 e 10 000 ovos na primavera, en fondos areosos ou de gravas.[10]
Os espécimes de máis de 30 cm de longo son case exclusivamente piscívoros, mentres que as crías aliméntanse principalmente de insectos acuáticos.[11]
As femias normalmente poñen entre 2 000 e 10 000 ovos na primavera, en fondos areosos ou de grava.[11]
Poboación
A súa poboación está en declive xeral desde hai polo menos un século, calcúlase que as poboacións actuais son de menos do 5 % dos seus niveis históricos. A perda de máis do 50 % do seu hábitat debido á agricultura, á urbanización e, máis recentemente, ao desenvolvemento da extracción de petróleo e de gas é outro factor importante.[12]
A sobrepesca por parte de diversos sectores (comerciais, recreativos e captura ilegal) é unha das ameazas máis importantes para esta especie. Aínda que xa non se pesca comercialmente en Rusia, aínda é obxecto da pesca de subsistencia legal e ilegal, xa que é moi apreciada polo seu gran tamaño e bo sabor, mais tamén a captura incidental nas pescarías comerciais de salmón en Rusia, malia diminuír, e no Xapón, así como as prácticas de pesca ilegais en Rusia. Os peixes tamén son apreciados como trofeos polos pescadores deportivos xaponeses.[12].
Estas poboacións tamén están ameazadas por importantes cambios no seu hábitat. Un contrato de arrendamento forestal ampliado na conca do río Samarga, por exemplo, esténdese agora ata o 85 % da superficie total da conca hidrográfica, coa construción de estradas que poderían afectar moito a moitos afluentes clave. A rápida expansión do desenvolvemento da explotación do petróleo e do gas na illa de Sakhalin, en particular a instalación de oleodutos a través de máis de 24 ríos nos que se sabe que vive esta especie, está a representar unha ameaza crecente. No Xapón, o desenvolvemento da canalización dos ríos, a construción de presas e a expansión agrícola e urbana representan unha ameaza importante para o hábitat da especie.
A ameaza da pesca furtiva en Rusia, aínda que é difícil de cuantificar, pode ser actualmente unha das ameazas máis importantes. Durante unha viaxe de investigación en 2005 descubríronse dous campamentos de pesca furtiva e recuperáronse cinco espécimes adultos mortos que foran capturados usando artes de pesca ilegal. Catro destes individuos eran femias maduras que levaban até 15 000 ovos cada unha. Durante os aumentos dos caudais na primavera, os reprodutores tenden a reunisrse an cardumes nas canles laterais do curso principal do río, e vólvense vulnerábeis á captura mediante redes de enmalle de malla grande. A estimación da mortalidade por pesca nos ríos, aínda que é incerta dada a falta de datos, suxire unha taxa de explotación relativamente alta. As taxas de pesca sostíbel das poboacións de peixes raramente superan a taxa de mortalidade natural.
Os criterios da UICN utilizados para estimar a redución do tamaño da poboación dunha especie poden incluír os seguintes: observacións directas, índices de abundancia, descensos na área de dispersión ou a extensión e/ou calidade do hábitat, os niveis reais ou potenciais de explotación, ou os efectos de taxóns introducidos, hibridación, patóxenos, contaminantes, competidores ou parasitos.[1]
↑Oleinik, A. G. & Skurikhina, L. A. (2008): "Phylogenetic relationships of Sakhalin taimen Parahucho perryi inferred from PCR-RFLP analysis of mitochondrial DNA". Russian Journal of Genetics44: 767.
↑Matveev, V.; Nishihara, H. & Okada, N. (2007): "Novel SINE families from salmons validate Parahucho (Salmonidae) as a distinct genus and give evidence that SINEs can incorporate LINE-related 3′-tails of other SINEs". Molecular Biology and Evolution24 (8): 1656-1666.
↑Campbell, Matthew A.; Buser, Thaddaeus J.; Alfaro, Michael E. & López, J. Andrés (2020): "Addressing incomplete lineage sorting and paralogy in the inference of uncertain salmonid phylogenetic relationships" PeerJ.8: e9389.
↑Robins, C. R.; R. M. Bailey; C. E. Bond; J. R. Brooker; E. A. Lachner; R. N. Lea & W. B. Scott (1991): World fishes important to North Americans. Exclusive of species from the continental waters of the United States and Canada. Am. Fish. Soc. Spec. Publ. ISBN 0-9132-3553-9, p 243.
Arai, T.; Kotake, A. & Morita, K. (2004): "Evidence of downstream migration of Sakhalin taimen, Hucho perryi, as revealed by Sr:Ca ratios of otolith". Ichthyological Research51: 377-380.
Beverton, R. J. H. (1992): "Patterns of reproductive strategy parameters in some marine teleost fishes". Journal of Fish Biology41 (B): 137-160.
Brevoort, J. C. (1856): "Notes on some figures of Japanese fish taken from recent specimens by the artists of the U. S. Japan Expedition. En: M. C. Perry Narrative of the Expedition of an American Squadron to the China Seas and Japan, performed in the years 1852, 1853, and 1854 under the command of Commodore M. C. Perry, United States Navy, by order of the Government of the United States. Vol. 2. U.S. Senate Ex. Doc. No. 79, 33rd Congress, 2nd Session. Beverley Tucker, Washington, D.C., pp. 253-288.
Edo, K. (2001): Behavioral ecology and conservation biology of an endangered salmonid, Sakhalin taimen Hucho perryi. Tese de dutoramento na Universidade de Hokkaido.
Edo, K., Kawamura, H. & Higashi, S. (2000): "The structure and dimensions of redds and egg pockets of the endangered salmonid, Sakhalin taimen". Journal of Fish Biology56 (4): 890-904.
Fukushima, M. (1994): "Spawning migration and redd construction of Sakhalin taimen, Hucho perryi on north Hokkaido Island, Japan". Journal of Fish Biology44 (5): 877-888.
Fukushima, M. (2000): "Salmonid habitat-geomorphology relationships in low-gradient streams". Ecology82 (5): 1238-1246.
Fukushima, M. & Kameyama, S. (2006): "The effects of damming on masu salmon and the Sakhalin taimen and the assessment of their conservation areas based on predictive habitat models". Ecology and Civil Engineering8 (2): 233-244.
Kimura, S. (1966): "On the life history of the salmonid fish Hucho perryi (Brevoort) found in Nemuro, Hokkaido". Japan Journal of Ichthyology14 (1/3): 17-25.
Yamashiro, S. (1965): "Age and growth of the Ito (Hucho perryi) in northeastern Hokkaido". Bulletin of the Japanese Society of Scientific Fisheries31 (1): 1-7.