Paloma Castro Rey

Modelo:BiografíaPaloma Castro Rey
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
2020 –
Concelleiro
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada, política Editar o valor en Wikidata

Paloma Castro Rey, nada en Pontevedra en 1981, é unha avogada e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Pontevedra.

Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria

Estudou no IES Sánchez Cantón, é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e na súa actividade profesional está especializada en dereito civil, de familia, penal e violencia de xénero. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número tres na lista do PSdG-PSOE pola Circunscrición electoral de Pontevedra,[1] obtendo acta de deputada autonómica. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Pontevedra.[2]

Notas

  1. "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
  2. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

Ligazóns externas