O dereito de familia ou tamén chamado dereito familiar é o conxunto de normas e institucións xurídicas que regulan as relacións persoais e patrimoniais dos membros que integran a familia, entre si e respecto de terceiros.
Natureza xurídica
Tradicionalmente considerouse que o dereito de familia é unha póla do dereito civil; porén, posto que este último se estrutura sobre a base da persoa individual e dado que habitualmente estimouse que as relacións de familia non poden quedar rexidas só por criterios de interese individual e a autonomía da vontade, gran parte da doutrina considera que é unha póla autónoma do dereito, con principios propios. Porén, para considerarse autónoma, é preciso que se dean tres supostos: a independencia doutrinal, a independencia lexislativa e a independencia xudicial.