A palmeira de Chile (Jubaea chilensis) (Molina) Baill. (Tamén chamada palma chilena ou coqueiro de Chile) é a única especie vivente do xénero (monotípico) Jubaea, que se inclúe dentro da familia Arecaceae. En Galiza atopámola coma palmeiraornamental en xardíns urbanos e pazos.
A palma chilena é unha palmeira impresionante, sendo a máis corpulenta delas, acadando alturas de 25 m cun groso toro de até 1,3 m de diámetro na base, xeralmente máis angosto cara a arriba, e de casca lisa. Medra moi amodo, floreando antes dos 60 anos de idade. As follas son de forma de pluma, de 3 a 5 m de lonxitude. A xerminación da semente pode durar meses, chegando á idade reprodutiva aos 60 anos.
Cómpre de invernos suaves, mais pode tolerar xeadas de até −15 °C, facéndoa unha das palmeira de folla en forma de pluma máis resistentes; pode tamén aturar veráns relativamente frescos.
En Chile atópase protexida so o Decreto Lei N° 701 de 1974, que establece que a talla ou explotación debe executarse segundo un plan de manexo, aprobado pola Corporación Nacional Forestal de Chile (CONAF).
Produtos a partir da palmeira de Chile
No Chile ao seu froito chámanlle coquito e é utilizado en confeitaría. Do seu tronco extráese o mel de palma, que é un almibre ou caldo de azucre doce utilizado en sobremesas ou con froita. Para extraer o mel de palma hai que tallar a planta, o que tivo unha gran repercusión nas súas poboacións. Na actualidade, extráese de xeito sustentábel plantando palmas ao tempo que se cortan as máis idosas.
↑Hechenleitner V., P., M. F. Gardner, P. I. Thomas, C. Echeverría, B. Escobar, P. Brownless & C. M. A. 2005. Plantas Amenazadas del Centro-Sur de Chile. Pl. Amenaz. C.-S. Chile 187 pp.
↑Sinónimos en Kew Consultado o 1º de agosto de 2009
Henderson, A., G. A. Galeano & R. Bernal. 1995. Field Guide Palms Amer. 1–352. Princeton University Press, Princeton, New Jersey.
Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo de la Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157.
Pintaud, J.-C., G. A. Galeano, H. Balslev, R. Bernal, F. Borchsenius Kristensen, E. J. L. Ferreira, J. J. de Granville, K. Mejía C., B. Millán, M. Moraes R., L. R. Noblick, F. W. Stauffer & F. Kahn. 2008. Las palmeras de América del Sur: diversidad, distribución e historia evolutiva. Revista Peruana Biol. 15(supl. 1): 7–29.
Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las plantas vasculares del Cono Sur. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p.