O almibre[1] (do árabeal-maiba, un xarope a base de marmelo) ou caldo de azucre[2] é un líquido denso que se obtén da cocedura de azucre en auga[3]. Cando se lle engade un zume de froitas, herbas etc. adoita tomar o nome de xarope.
Características
A consistencia, que vai desde un líquido apenas viscoso a un caramelo duro e crebadizo, depende da saturación de azucre na auga e do tempo de coza. O almibre emprégase en conservas de froitas, para cubrir biscoitos e filloas, para elaborar distintos tipos de caramelos e ademais forma a base dalgunhas sobremesas, como o touciño do ceo, os sorbetes, os fondants e o merengue italiano.
Está moi relacionado co termo xarope, que adoita conter ademais da auga e o azucre aromas de froitas e plantas, como no caso do xarope de pradairo.
Hai tres métodos para determinar a consistencia do azucre:
a clásica, que consiste en someter a mestura a probas mecánicas: se fai febras ou bólas etc.;