Paco Souto
Francisco José Souto Barreiro, nado na Coruña o 12 de outubro de 1962 e finado en Razo (Carballo) o 30 de marzo de 2017[1][2], foi un escritor e político galego.
Traxectoria
Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Realizou ilustracións para diversos libros e participou en varias exposicións colectivas, colaborando tamén en obras teatrais. Foi presidente da asociación de mariscadores e da asociación Caldeirón. Dende esta asociación promoveu o Certame de poesía erótica Illas Sisargas e foi o principal responsable da Editorial Caldeirón, selo que publica as obras gañadoras do certame e, ocasionalmente, outros títulos de poesía ou catálogos das exposicións organizadas pola asociación.
Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato do BNG en Malpica de Bergantiños e foi elixido concelleiro. Morreu o 30 de marzo de 2017 cando traballaba como percebeiro nas proximidades de Santa Mariña de Razo (Carballo).
Obra literaria
Poesía
- As árvores do incesto, 1995, Espiral Maior.
- Fado, 1998, Letras da Cal.
- Crebar cristais coa lingua, 2003, A. C. Caldeirón.
- As horas de María, 2007, Espiral Maior.
- E alentar na túa rosa, 2010, A. C. Caldeirón.
- e Caín, 2016, Laiovento.
Teatro
Obras colectivas
- Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro.
- Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
- A rota dos baleeiros, con Miro Villar e Fran Alonso, 1991, Edicións do Dragón.
- Dous bocetos, con Adriana Castro, 1994, Edicións do Dragón.
- Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte.
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
- Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
- Botella ao mar, 2003.
- Treze, 2003, Instituto de Baio.
- Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Letras novas, 2008, AELG.
- De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
- Catálago, libro-catálogo de obra plástica e poesía, con Rosalía Fernández Rial, Mon Lendoiro e Chiña.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela. Poesía.
Obras pluridisciplinares
- América, con Laura Quintillán e Kukas, (1993).
No ano 2001 crea xunto o músico Serxio Moreira a compañía AÍNDA na que en anos posteriores incorporaranse o fotógrafo Peter Schneider e a escritora Rosalía Fernández Rial, realizando as seguintes montaxes:
- Como augas de maio, con Serxio Moreira, (2001).
- Aviléscanto, con Serxio Moreira, (2003).
- As horas de María, con Serxio Moreira, ( 2005).
- "Homenaxe a Xelucho Abella", con Serxio Moreira,( 2007).
- Lugar de incendios, montaxe con pintura, música e poesía xunto a Serxio Moreira,(2009).
- "Tempo escuro", montaxe con fotografía, música e poesía xunto a escritora Rosalía Fernández Rial, o fotógrafo Peter Schneider e o músico Serxio Moreira, (2013).
- "Catálogo" , montaxe xunto a escritora Rosalía Fernández Rial e os artistas plásticos, Chiña da Brea e Mon Lendoiro.
Premios
Notas
|
|