Pachacuti Inca Yupanqui (en quechua: Pachakutiq Inka Yupanki) ou simplemente Pachacuti, foi o noveno Sapa Inca do Curacazgo de Cuzco, transformándoo no Imperio Inca (Tawantinsuyu). Moitos arqueólogos cren que o famoso Machu Picchu foi construído como unha residencia para Pachacuti.[1]
En quechua Pachakutiq significa "o que sacode a terra",[2] e Yupanki significa "con honra". Durante o seu reinado, Cuzco medrou dende un pequeno poboado até un imperio que puido competir e chegar a dominar os chimú. Como emperador, comezou unha era de conquista na que, en tres xeracións, se estendeu o dominio inca dende o val de Cuzco até abranguer case todo o oeste de América do Sur.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos