Póvoa de Varzim

Modelo:Xeografía políticaPóvoa de Varzim
Imaxe

Localización
Mapa
 41°23′30″N 8°45′26″O / 41.39158, -8.75713
EstadoPortugal
DistritosDistrito do Porto Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación63.408 (2011) Editar o valor en Wikidata (772,33 hab./km²)
Xeografía
Superficie82,1 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude190 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1308 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal4490 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico252 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcm-pvarzim.pt Editar o valor en Wikidata

Póvoa de Varzim é unha cidade portuguesa do distrito do Porto, Rexión Norte e subrexión do Grande Porto.

Descrición

Situada nunha chaira costeira areosa, ao sur do Cabo de Santo André, a medio camiño entre os ríos Miño e Douro, está poboada por 42.396 habitantes na área urbana, cun total de 63.408 no municipio, segundo o censo de 2011. Aínda que a porción urbanizada esta estendida, ao sur, cara Vila do Conde, habendo uns 100.000 habitantes na aglomeración. Cos concellos veciños de Vila do Conde e Esposende forma un dos polos urbanos do Norte de Portugal.

As primeiras poboacións fixáronse no seu territorio entre catro a seis mil anos atrás. Ao redor de 900 a.C., a inestabilidade na rexión levou á fundación dunha cidade amurallada, a Cividade de Terroso, que desenvolveu rutas de comercio marítimo coas civilizacións da antigüidade clásica. A Póvoa de Varzim moderna emerxeu despois da conquista da cividade pola República Romana ao redor do 138 a.C., a pesca e unidades de procesamento de pescado desenvolvéronse pouco despois, constituíndo as bases da economía local desde entón. No século XI, a industria pesqueira e campos fértiles formaron a base dun gran señorío feudal e Varzim foi ferozmente disputada entre os señores de Varzim e os primeiros reis de Portugal, o que levou á creación do municipio en 1308 e ser sometida ao poder monástico medieval poucos anos despois. A importancia da Póvoa de Varzim volveu emerxer coa era dos descubrimentos debido á competencia e riqueza dos seus construtores navais e navegantes, que negociaban ao redor do mundo en rutas comerciais complexas. Polo século XVII, a industria de transformación de pescado tomou novo alento e, algún tempo máis tarde, a Póvoa tornouse no porto pesqueiro dominante no Norte de Portugal.[1][2]

A Póvoa de Varzim é unha recoñecida praia balnearia desde hai tres séculos, a máis popular no Norte de Portugal,[1] o que instituíu unha cultura literaria influente e patrocinio na música e no teatro. É unha das poucas zonas de xogo legal en Portugal e posúe industria téxtil e alimentaria significativas.[1] A cidade mantén unha identidade cultural propia, unha cociña mariñeira rica e tradicións antigas, tales como siglas poveiras, a técnica agrícola das masseiras[3] e festas.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Póvoa de Varzim." Grande Enciclopédia Universal (2004), vol. 16, pp. 10683-10684, Durclub
  2. "Povoa de Varzim." Arquivado 13 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Encyclopædia Britannica 11th edition, 1911 (en castelán).
  3. Campos de Masseira Arquivado 18 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (en portugués).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas