Osmo, Cenlle

Osmo
Cruceiro de Osmo.
ConcelloCenlle[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°21′49″N 8°06′03″O / 42.3635885, -8.1008531
Poboación53 hab. (2013)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

San Miguel de Osmo é unha parroquia do concello de Cenlle, que limita ao norte con Anllo, ao leste con Beariz, ao sur con Navío e ao oeste con San Clodio. Segundo o IGE en 2013 tiña 53 habitantes (23 mulleres e 30 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes. O curato é de primeiro ascenso e padroado laical do Conde de Ribadavia.

Xeografía

Fermoso lugar pola súa situación, na ladeira do monte Barazal que lle concede privilexiadas vistas do val do Avia sementado de verdes carballos, castiñeiros, amieiros...

Patrimonio

A igrexa parroquial de San Miguel de Osmo é de fábrica orixinal románica con pinturas manieristas no seu interior.

Hai tres ermidas de propiedade particular e outras tantas dos veciños. Nesta parroquia atopamos boas casas señoriais como o Pazo de Rioboó ou a Casa dos Toubes.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Osmo

Lugares da parroquia de Osmo no concello de Cenlle

Aquelcabo | O Balcón | A Carreira | O Casar | O Couso | Osmo | Piñeiro | Rego de Abaixo | Rego de Cima | Riobó | A Sobreira

Parroquias de Cenlle

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cenlle

A Barca de Barbantes (Santo Antonio) | Cenlle (Santa María) | Esposende (Santa Mariña) | Laias (Santa Baia) | Osmo (San Miguel) | A Pena (San Lourenzo) | Razamonde (Santa María) | Sadurnín (San Xoán) | Trasariz (Santiago) | Vilar de Rei (San Miguel)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos