San Fiz de Navío é unha parroquia do concello de San Amaro na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 72 habitantes (37 homes e 35 mulleres), distribuídos en 15 entidades.
Historia
Ata ben avanzado o século XIX, formaba parte da xurisdición de Roucos, sobre a que tiña señorío o Conde de Ribadavia, que en San Fiz compartía con Pedro de Toubes.
Patrimonio
- Igrexa de San Fiz de Navío, románica, situada nunha das abas que miran ao río Avia. Planta dunha soa nave e ábsida rectangular. Na fachada ten escudo e dobre arquivolta sobre a porta occidental, de arco de medio punto e tímpano con cruz con catro pombas aos lados. Unha cruz patriarcal remata a espadana, ao igual que na ábsida, que ten tamén o año pascual. No interior arco de medio punto peraltado no presbiterio e bóveda de nervios de estilo gótico.
- Casa da Touza, do século XVII. Barroca con cheminea monumental, destaca a torre de planta cadrada. Ten un pombal de cantería.
Galería de imaxes
-
Cabeceira da igrexa de Navío.
-
Portada da igrexa de Navío.
-
Capiteis dereita na portada da igrexa de Navío.
-
Capiteis esquerda na portada da igrexa de Navío.
-
Canzorros no muro da ábsida da igrexa de Navío.
-
Canzorros na ábsida da igrexa de Navío.
Lugares e parroquias
Lugares de Navío
Parroquias de San Amaro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas