Osmo é un lugar da parroquia de Osmo no concello ourensán de Cenlle, na comarca do Ribeiro.[1] É o segundo núcleo da parroquia en poboación.
Patrimonio
A súa carballeira e a capela da Virxe do Socorro acollen a romaría da Virxe do Socorro que se celebra tódolos anos no segundo domingo do mes de setembro, sendo de moita sona en toda a bisbarra.
A igrexa parroquial de San Miguel conserva pouco da súa orixinal fábrica románica (algún canzorro...). Na súa orixe parece ser que foi de fundación privada, feita polo Conde de Ribadavia. A súa imaxe actual débese á importante reforma feita no século XVIII. Conserva unha sinxela pero fermosa fachada renacentista, do século XVI ou primeiros anos do XVII, estilo pouco común na zona e en igrexas parroquiais. No seu interior é de resaltar a importancia dunha predela no altar de San Francisco. Preto dela hai un cruceiro con Crucificado e Piedade.
Galería de Imaxes
-
Altar de San Francisco (lateral dereito).
-
Detalle da fachada principal da igrexa.
-
Capela da Virxe do Socorro.
-
Cruceiro de Osmo.
-
Detalle do Cruceiro de Osmo 1- Crucificado.
-
Detalle do Cruceiro de Osmo 1- Piedade.
-
Carballa centenaria.
Lugares e parroquias
Lugares de Osmo
Parroquias de Cenlle
Notas
Véxase tamén
Outros artigos